Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 306 - 14/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

A patronal pide aos xuíces que reduzan as sentenzas favorables aos traballadores

A secretaria xeral de CEOE, Ana Praza, avogou este xoves por aproximar o mundo xudicial e o empresarial para lograr unha maior “sensibilidade” dos tribunais sociais cara aos problemas das empresas e poder reducir a “ampla porcentaxe de sentenzas” que son favorables ao traballador.

 

  • Noticias relacionadas

 

“Un maior e progresivo coñecemento e achegamento entre o mundo xudicial e a empresa terá a súa translación nos pronunciamentos xudiciais”, dixo Praza na inauguración dunhas xornadas sobre negociación colectiva organizadas pola CEOE e o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ).
 
A empresaria afirmou que “cunha maior proximidade e sensibilidade cara aos problemas das empresas vaiamos afastando de cifras como as actuais, onde unha ampla porcentaxe das sentenzas dos tribunais sociais son favorables, total ou parcialmente, ao traballador”.
 
Na súa opinión, só coñecendo mellor os problemas das empresas os xuíces poderán desempeñar o seu labor con maiores elementos de xuízo e engadiu que este labor xudicial é recoñecido polos empresarios, que entenden “debe ser apoiada cos medios humanos e orzamentarios necesarios para que poida ser desenvolvida en toda a súa intensidade”.
 
El Ventano

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript