NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
Queremos Galego 09/03/2016-. A comisión xestora da Plataforma cidadá Queremos Galego reuniuse onte para avaliar o contido da sentenza ditada polo TSXG contra a ordenanza de uso do galego polo concello de Lugo, que restrinxe o seu uso á subordinación ao castelán e impide unha acción pública real e práctica a favor do galego por parte da administración municipal.
A sentenza feita pública
o pasado 4 de marzo elimina os artigos que sinalan
que “o galego é a lingua propia de Galiza, e
oficial do Concello de Lugo” o que se traduce nas
limitacións para utilizalo na rotulación,
sinalización das vías públicas, as empresas mentres
realizan traballo para o concellos, actividades
subvencionadas, formación do funcionariado ou como
lingua de atención preferente á cidadanía.
Segundo sinalou o portavoz de Queremos Galego e
presidente da Mesa pola Normalización Lingüística,
estase buscando romper por vía xudicial todos os
acordos a favor da lingua galega conseguidos grazas
á presión da sociedade”. Para Maceira, mostra
destes acordos é a unanimidade de todos os partidos
da corporación municipal de Lugo a favor da
ordenanza, ou a ratificación impulsada pola Mesa
pola Normalización Lingüística do acordado no Plan
Xeral de Normalización da Lingua Galega por todos
os partidos o pasado 15 de xullo.
O portavoz de Queremos Galego chamou a participar
“a todas as persoas que falan galego ou non mais
que queren espazos públicos para a lingua,
igualdade real e práctica a todos os niveis, e a
reposición e rehabilitación para que todas e todos
a poidamos usar con normalidade sen limites, sen
subordinacións e sen exclusións”.
Con esta concentración a favor da ordenanza de uso
do galego, queremos galego comezará unha serie de
actos de mobilización social “en defensa das
conquistas do pobo galego en relación á súa lingua,
a súa maior creación colectiva”, da que darán conta
o vindeiro luns 14 de marzo nunha rolda de imprensa
que convocan ás 11.30 na libraría Couceiro de
Santiago.
Convocatoria de Queremos Galego
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript