Número 306 - 14 de marzo de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

APA. Convocatoria de asembleas

Na APA, alternativa asemblearia, dada a magnitude de temas que estamos a tratar consideramos imprescindible a convocatoria de asembleas nas que contrastemos pareceres.

 UNIVERSIDADE
    O Xulgado do Contencioso/Administrativo nº 1 ven de admitir a trámite a demanda que presentamos sinalando que ACORDA ADMITIR A TRÁMITE o Recurso Contencioso-Administrativo interposto,contra a resolución ditada pola UNIVERSIDADE DA CORUÑA de data 23 de decembro de 2015, sobre RESOLUCION SOBRE CONTINUIDADE DE COMISIÓNS DE SERVIZO.
 UNIVERSIDADE de COMPOSTELA
    Había tempo que non se percibía no campus da USC en Santiago, accións concretas propias dos movementos estudantís. Pequenas revolucións que case sempre conseguen gañar grandes batallas. Esta en concreto, xa ten nome, a lo menos, nas redes sociais co hangtag #pechemaxisteriofilosofía.
 ERGUER. ESTUDANTES DA GALIZA
    A nova organización estudantil galega, constituída o pasado 5 de marzo, inicia a actividade con asembleas de presentación en diferentes cidades ao longo da semana e cunha importante presenza nas redes sociais. Queren dar a coñecer os obxectivos e as resolucións da Asemblea Constituínte.
 LOITA OBREIRA
    O 10 de marzo quedou marcado como o día da clase obreira galega a sangue e fogo. Un día de novas tráxicas e de memoria. Nesa data de 1972 Amador Rei e Daniel Niebla eran baleados polos grises nunha grande mobilización ás portas de Bazán para respostar aos despedimentos executados pola Dirección en represalia á loita por un propio convenio. "Erguéstesvos cedo aquel día / o costume do traballo / mañá cediño pra facernos coa vosa morte", dixo deles o poeta Uxío Novoneyra.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS COIA
    Nos últimos anos, moitas persoas padecemos sancións (ou estamos na lista de espera) cando, en defensa dos nosos dereitos básicos (sanidade, educación, vivenda, liberdade de expresión, de concentración, de folga, de manifestación e pola dignidade humana) e forzadas por unhas circunstancias das que somos vítimas, sufrimos nas nosas carnes a rigorosidade das leis vixentes e a desproporcionada actuación dos corpos de seguridade do Estado.
 "AXUDA" MENSUAL PARA EX PARLAMENTARIOS
    Despois do 20 de decembro electoral 64 “servidores” públicos perderon a súa condición de deputados e acolléronse á axuda de 2.813,87 euros que outorga o Congreso en concepto de "indemnización por cesamento" (...).
 REFUXIAD@S
    Hai un tufo antidemocrático, e por que non dicilo, fascistoide, en moitas das cousas que se din e fan, nas xustificacións para expulsar refuxiados coma se fosen eles os que violan a lei cando a lei violámola nós
 MOBILIZACIÓN SOCIAL
    Miles de persoas manifestáronse este mércores en Francia contra un proxecto de reforma laboral impulsado polo goberno e criticado polos sindicatos, que busca facilitar o despedimento de traballadores e recortar dereitos laborais.
 VERDEGAIA
    Segundo informacións publicadas, desde a privatización de ENCE no 2001, o Goberno central e a Xunta teñen tomado decisións importantes que beneficiaron á empresa pasando por cima de todas as posíbeis datas de feche. Conseguindo, gracias a modificacións lexislativas e medidas políticas, que se manteña unha actividade que co último pelotazo político e empresarial chegará ata 2073.
 FUKUSHIMA
    Este 11 de marzo cómprese o quinto aniversario da traxedia de Fukushima (Xapón), que se produciu cando un tsunami de 10 metros de altura destruíu os reactores da planta nuclear da compañía enerxética Tepco. Aínda non se sabe a cantas persoas afectou a radiación, que se cobra cada vez máis vidas.
 #15M MADRID
    Unha investigación do grupo Macrosalud da UDC vincula a recesión económica e o incremento do desemprego co aumento dos suicidios e aposta por políticas sociais que os preveñan e detecten factores socioeconómicos de risco.
    
  •   
 
 UNIVERSIDADEDE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    O pasado mes de febreiro, en reunión na que participaron a Xunta de Persoal, Comité de Empresa e a Xerencia acordouse comezar o proceso de funcionarización do PAS laboral desa Universidade. Despois da funcionarización realizada na UDC e o proceso xa avanzado da UVIGO o PAS das tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galiza camiña cara a constitución do corpo único en cada unha das universidades.
 CUT - MULLER
    Oito de marzo é a soberanía das mulleres, das súas mans que estimulan o clítore e pintan de feminismo as paredes. Oito de marzo, Klara Zetkin e Rosa Luxemburg. As mulleres de Encrobas. As folgas das obreiras estadounidenses en 1908. Kobane e as guerrilleiras curdas. O levantamento das 20.000. Oito de marzo é o traballo que nos impoñen e non nos remuneran: cada fillo que parimos, sopa que facemos, as veces que pasamos a aspiradora na casa. As herbas que arrancamos, o purín sobre o campo, os animais que cuidamos.
 CUT - ENCONTROS ABERTOS
    O Voceiro Nacional do Sindicato Andaluz de Trabajadores/as (SAT) Óscar Reina visitará Galiza da man da CUT esta semana. O compañeiro Reina tomou o relevo na dirección do Sindicato de Cañamero no pasado 2015. Celebraranse nas cidades de Vigo e Compostela dous encontros abertos a todas aquelas persoas que quixeren dialogar con el, interesarse pola situación das traballadoras e traballadores en Andalucía ou polo propio SAT, central que despois dunha tradición de ocupacións e combatividade fronte á pobreza se converteu na central con máis sancións económicas e condenas do Estado Español.
 ECONOMÍA
    Aos catro ventos, o presidente de Mercadona Juan Roig anunciou a semana pasada os millonarios beneficios, un ano máis, da empresa. Un total de 611 millóns de euros netos, un 12% máis que no exercicio anterior. E é que Mercadona, como ningún outro supermercado, soubo sacar partido da crise, converténdose nestes anos no número uno da gran distribución, e o seu presidente nunha das principais fortunas españolas, segundo a revista Forbes.
 LABORAL
    A secretaria xeral de CEOE, Ana Praza, avogou este xoves por aproximar o mundo xudicial e o empresarial para lograr unha maior “sensibilidade” dos tribunais sociais cara aos problemas das empresas e poder reducir a “ampla porcentaxe de sentenzas” que son favorables ao traballador.
 SANIDADE PÚBLICA
    O persoal do hospital de Vigo non está disposto a gardar silencio ante as carencias do Álvaro Cunqueiro. Este mércores manifestáronse protestando contra a carta enviada polo xerente do hospital, Félix Ruibal, na que pedía a "retirada inmediata" de carteis que cuestionaban a asistencia sanitaria no centro e alertaba sobre posibles responsabilidades administrativas para os profesionais que os manteñan ou difundan esta información por medios informáticos.
 OPINIÓN - SANTOS MIGUEL R.
    Hoxe escribirei sobre este tema tan candente internacionalmente e que ten involucrados non só a Cuba e a EE.UU, senón a todo o noso Continente. Diariamente escoito unha nova noticia sobre o incremento e as aperturas de relacións comerciais con moitos países de Europa, Asia, África, Australia e América Latina.
 LINGUA - QUEREMOS GALEGO
    Queremos Galego 09/03/2016-. A comisión xestora da Plataforma cidadá Queremos Galego reuniuse onte para avaliar o contido da sentenza ditada polo TSXG contra a ordenanza de uso do galego polo concello de Lugo, que restrinxe o seu uso á subordinación ao castelán e impide unha acción pública real e práctica a favor do galego por parte da administración municipal.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        EUROPA NAUFRAGA COAS REFUXIADAS

         
          NAS NOVAS ELECCIÓNS LEXITIMARÁS A CORRUPCIÓN?

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript