Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 306 - 14/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

O persoal rebélase ante as ameazas do xerente do hospital de Vigo

O persoal do hospital de Vigo non está disposto a gardar silencio ante as carencias do Álvaro Cunqueiro. Este mércores manifestáronse protestando contra a carta enviada polo xerente do hospital, Félix Ruibal, na que pedía a "retirada inmediata" de carteis que cuestionaban a asistencia sanitaria no centro e alertaba sobre posibles responsabilidades administrativas para os profesionais que os manteñan ou difundan esta información por medios informáticos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Pero non parecen dispostos a acatar a censura. Esta mañá uns 300 profesionais, segundo fontes sindicais, invadiron o corredor de dirección do hospital, con máscaras nas que se reclamaba liberdade de expresión no centro. Aproveitaron para pedir a dimisión do xerente, do que xa criticaron noutras ocasións a súa "actitude prepotente".
 
En declaracións a Galiciapress, o presidente da xunta de persoal, Anxo Cameselle, asegurou que a carta do xerente explícase porque "non lles gusta que saquemos á luz pública unha realidade, que temos as menores dotacións por habitante de Galicia". Está convencido de que "pretenden asustarnos" para que non denuncien a situación, para que non "desenmascaremos un negocio privado, que é o que é".
 
Cameselle denuncia unha actitude "propia doutra época", con presións que xa se produciron noutras ocasións. Pero asegura que non se dobregarán, seguirán protestando polos medios dos que dispoñen. Aseguran que os traballadores non son os únicos insatisfeitos ante as carencias do hospital. Lembran a gran manifestación que percorreu as rúas de Vigo en setembro e anuncian unha nova convocatoria para os próximos meses. 
 
Galiciapress

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript