NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado mes de febreiro, en reunión na que participaron a Xunta de Persoal, Comité de Empresa e a Xerencia acordouse comezar o proceso de funcionarización do PAS laboral desa Universidade. Despois da funcionarización realizada na UDC e o proceso xa avanzado da UVIGO o PAS das tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galiza camiña cara a constitución do corpo único en cada unha das universidades.
No que respecta ao PAS laboral da Universidade de Santiago de Compostela neste mes terá a proposta escrita para a funcionarización, para todas as categorías, a funcionarización terá carácter voluntario, mediante proba xenérica por cada grupo sobre o réxime xurídico administrativo. Separación estrita de carreira profesional entre tres areas: administrativa, bibliotecas e laborais. Aproveitarán a funcionarización para a unificación de conserxerías. Non se prevé que o proceso estea rematado ata 2018.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript