Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 306 - 14/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  MOBILIZACIÓN SOCIAL
 

A clase obreira francesa bótase ás rúas contra a reforma laboral do Goberno e a patronal

Miles de persoas manifestáronse este mércores en Francia contra un proxecto de reforma laboral impulsado polo goberno e criticado polos sindicatos, que busca facilitar o despedimento de traballadores e recortar dereitos laborais.

 

  • Noticias relacionadas

 

A prefectura de policía situou en 224.000 a cantidade de persoas que se mobilizaron, mentres que os organizadores das protestas manexan a cifra de 500.000.
 
En París, as autoridades informaron que se mobilizaron 30.000 individuos, á vez que os sindicatos falan de 100.000.
 
Segundo a información divulgada, o plan contempla unha maior facilidade para despedir traballadores e precarizar aínda máis as súas condicións de traballo. Por exemplo, a organización do tempo de traballo ou a remuneración das horas extraordinarias, ata agora enmarcadas pola lei, serán decididas por acordos de empresa.
 
Tamén prevé facilitar os despedimentos por motivos económicos e poñer topes ás indemnizacións por despedimento outorgadas polos tribunais laborais.
 
Os manifestantes pediron este mércores a eliminación do proxecto ao considerar que supón un duro ataque aos intereses da clase obreira.
 
“Correspóndelle agora ao goberno tomar conciencia do rexeitamento ao seu proxecto e extraer as consecuencias”, dixo o sindicato FO nun comunicado, no que cualificou de éxito o respaldo cidadán e asegurou que prevé manter a presión respecto diso.
 
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) chamou a unha resposta forte e unida do mundo do traballo.
 
Segundo a organización, se fose adoptado, ese plan constituiría un retroceso histórico dos dereitos dos empregados, ao apuntar que ofrece unha liberdade total ao empresariado.
 
“Toma en conta os intereses financeiros do empresariado e dos accionistas, por encima da protección dos empregados”, salientou.
 
O documento será presentado o 24 de marzo ao Consello de Ministros. Posteriormente, debe comezar o seu exame no Parlamento nun contexto de persistentes dificultades laborais.
 
As mobilizacións deste mércores coincidiron con folgas na compañía estatal ferroviaria SNCF e na entidade de transporte metropolitano RATP, onde os empregados pediron a subida dos seus salarios e pensións.
 
As mesmas provocaron perturbacións no transporte en todo o país, cuns 300 quilómetros de embotellamentos só nas estradas da rexión parisiense.
 
LibreRed | Prensa Latina

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript