NÚMERO 306- 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
Febre
Parece
que entrou a febre da lexislación nos temarios das
promocións, Entendendo que se nos debe esixir un nivel
mínimo de coñecementos que asegure que sabemos como
comportarnos diante da administración, os nosos dereitos e
as nosas obrigas, tedes que entender que os traballos que
esixen cualificación especial e técnica deben cargar o
temario nese terreo. Tal e como se prepararon os temas só
serven para precisamente dificultar, cando non impedir, o
teórico obxectivo co que se presenta esa promoción.
Reflexionade e pensade que si a escala xeral ao non ter
especialización precisa cargar o temario de lexislación, na
escala de bibliotecas e na escala técnica ese contido debe
ser revisado.
Adaptación das normativas
A
conciliación da vida laboral e familiar debe ser un dos
obxectivos que se ten que plasmar nas normativas vixentes,
comisións de servizo, xornada, vacacións, permisos e
licenzas, xestión de listas de agarda... Todos os
regulamentos deberían de revisarse incluíndo esta
circunstancia. Se que algunha desta normativa está agora en
revisión, aproveitade a ocasión para incorporar esta
reivindicación.
Seguir
os antecedentes
Está ben a innovación se ten algún sentido, cando unha cousa
xa ten a implantación de anos sen que se creasen tensións,
mellor non tocalas ou revisalas con moito coidado. Porque se
cambia radicalmente a convocatoria no proceso de promocións
nas bibliotecas?.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript