NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
A nova organización estudantil galega, constituída o pasado 5 de marzo, inicia a actividade con asembleas de presentación en diferentes cidades ao longo da semana e cunha importante presenza nas redes sociais. Queren dar a coñecer os obxectivos e as resolucións da Asemblea Constituínte.
As asembleas
arrancaron na cuarta feira en Lugo e Compostela e
continuarán na quinta en Pontevedra (ás 18h na Casa
Azul (r/ Sor Lucía 2, 3º) e A Coruña (ás 19h no
antigo local de Comités na Facultade de
Económicas).
Xa na segunda feira Erguer-Estudantes da Galiza
arrancou a actividade nas redes con contas en
Facebook e
Twitter
que alcanzaron en pouco tempo un importante número
de persoas seguidoras. Foi precisamente a través
das redes sociais que deron a coñecer as
resolucións adoptadas na Asemblea e os obxectivos
da nova organización. Polo seu interese,
reproducimos textualmente:
“Despois de varios anos en que viñemos partillando
dinámicas e traballando xuntas en diversos
momentos, as tres organización estudantís
nacionalistas e independentistas Agir, Comités
Abertos e Liga Estudantil Galega, demos o
derradeiro paso, culminado coa creación da nova
ferramenta do estudantado galego. Así, o pasado 5
de marzo celebrouse en Compostela a nosa Asemblea
Nacional Constituínte, baixo o lema “Libera e
transforma Galiza desde as aulas”, onde naceu a
nova organización estudantil nacionalista e
independentista galega: Erguer. Estudantes da
Galiza.
Desde Erguer as estudantes organizadas seguiremos
loitando polos dereitos do estudantado galego,
tanto nas rúas como nas aulas, loitando contra a
Estratexia Universitaria, o 3+2, a LOMCE e a
españolización do ensino. Loitaremos por un ensino
por e para o pobo que non se vexa supeditado aos
intereses económicos das grandes empresas e que
fomente a conciencia crítica e a igualdade.
Así, a Asemblea Nacional Constituínte de Erguer.
Estudantes da Galiza resolve que:
– Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización
composta por estudantado galego cun mesmo proxecto.
– Erguer. Estudantes da Galiza está chamada a ser
unha organización destinada á defensa dos dereitos
do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar
un ensino galego, público, de calidade, democrático
e antipatriarcal”.
– Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización
de carácter independentista, plural, situada no
campo da esquerda nacionalista e independentista,
nun movemento político que procura a constitución
da República Galega independente, democrática e
plenamente soberana, sabendo que só neste marco se
pode dar o ensino polo que loitamos.
– Erguer. Estudantes da Galiza, como organización
antipatriarcal, asume as teses feministas,
procurando a igualdade plena entre os diversos
xéneros”.
A República da Galiza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript