NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
O Voceiro Nacional do Sindicato Andaluz de Trabajadores/as (SAT) Óscar Reina visitará Galiza da man da CUT esta semana. O compañeiro Reina tomou o relevo na dirección do Sindicato de Cañamero no pasado 2015. Celebraranse nas cidades de Vigo e Compostela dous encontros abertos a todas aquelas persoas que quixeren dialogar con el, interesarse pola situación das traballadoras e traballadores en Andalucía ou polo propio SAT, central que despois dunha tradición de ocupacións e combatividade fronte á pobreza se converteu na central con máis sancións económicas e condenas do Estado Español.
Na cidade de
Vigo poderemos atoparnos con el este sábado 12 de
marzo ás 10.30 horas; no local da Asociación de
Veciños/as da Salgueira, no Camiño do Lourido
(localización en
GoogleMaps). Pola súa vez en Compostela será o
Local Sindical da CUT na rúa de Sar nº 93 - baixo o
que abra as súas portas para un encontro aberto que
se celebrará ás 11.30 horas do luns 14 de marzo.
Estades todas e todos convidadas. Benvido Óscar!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript