NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
Segundo informacións publicadas, desde a privatización de ENCE no 2001, o Goberno central e a Xunta teñen tomado decisións importantes que beneficiaron á empresa pasando por cima de todas as posíbeis datas de feche. Conseguindo, gracias a modificacións lexislativas e medidas políticas, que se manteña unha actividade que co último pelotazo político e empresarial chegará ata 2073.
Como exemplos
disto lembrar como na era Fraga saltouse a
autonomía municipal en materia urbanística, criando
un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal
exclusivo para ENCE e así evitar someterse á
normativa municipal e conseguir a legalidade para
todo o complexo. No ano 2012 o Tribunal Supremo do
Estado anulou o proxecto de supramunicipalidade
pero Feijoo, presidente da Xunta, decidiu que con
publicar o proxecto no DOGA xa se cumpría a
sentencia.
Unha modificación lexislativa, criada “a la carta”
de 2013 permitiu á empresa non ter que renovar a
súa Autorización Ambiental Integrada que caducaba o
31 de decembro de 2015. Unha decisión que está
recorrida ante os tribunais e aínda sen contestar.
Outra decisión polémica, por non dicir ilegal e
inmoral, é a relacionada coa caducidade da
concesión. No ano 2011, a Audiencia Nacional
ordenou ao Ministerio de Medio ambiente a apertura
do procedemento de caducidade da concesión de ENCE
en sentencia firme; no 2014, unha sentencia do
Tribunal Supremo instou novamente a administración
do Estado a incoar expediente de caducidade da
concesión esixindo que se tomaran medidas para a
paralización da actividade e suspensión do uso e
explotación das instalacións. Como vemos, a día de
hoxe non sómente non se cumpriu o requirimento
xudicial senón que se lles ampliou a concesión.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript