NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
Hoxe escribirei sobre este tema tan candente internacionalmente e que ten involucrados non só a Cuba e a EE.UU, senón a todo o noso Continente. Diariamente escoito unha nova noticia sobre o incremento e as aperturas de relacións comerciais con moitos países de Europa, Asia, África, Australia e América Latina.
Converteuse
nunha situación onde prima a realidade
económica-financeira pura e dura e desatou un furor
sen límites, desobedecendo nalgúns casos as
directrices de determinados gobernos de non aceptar
aínda o que é un cambio total de política entre os
dous estados e imparable realidade que se
consolidará nos nosos días vindeiros.
Con algúns coñecementos sobre Cuba podo afirmar que
é un país que durante moitos anos estivo bloqueada
para realizar comercio internacional, exceptuando o
que foi o bloque de países ex-socialistas.
Co único mercado internacional que mantiñamos
relacións, non nos permitiu modernizar as nosas
industrias, nin os nosos medios de produción, así
como de adquirir materias primas fundamentais, polo
que á caída de Muro de Berlín (1990) o país viuse
nun caos total.
O sector industrial empezou un declive produto das
faltas de repostos dos ex-países socialistas, e
industrias como a azucreira, a petroleira, a
alimentaria, a de medicamentos, a total escaseza de
pezas de reposto para o transporte por estrada, o
ferroviario, a aviación. o transporte marítimo.
etc. deixaron practicamente paralizada a Illa onde
ata eses momentos desenvolvía a súa vida co 80% das
importacións.
O esforzo dun pobo preparado para resistir en
calquera continxencia da vida, logrou sobrepoñerse
coa axuda do Estado e foi recuperando aos poucos e
con moito sacrifico estabilizar a súa economía e
abrir novas fontes de produción interna e poder
salvar o famoso "período especial" cheo de
limitacións e sufrimentos.
En Cuba a agricultura é un terreo cun potencial tan
grande que totalmente desenvolvido podería exceder
o volume de produción do "Tratado de Libre
Comercio".
Segundo William A. Messina, Jr. do Instituto de
Ciencias Agrícolas da Universidade da Florida, a
Illa "ten un chan tan bo e representa un reto de
tal magnitude que, co fin do embargo, o impacto que
terá no mercado agrícola no Continente será maior
que o "Tratado de Libre Comercio". Apontoou tamén o
Sr. Messina que expón tamén que o
clima cubano é moi bo, ten bos recursos e un
sistema agrícola potencial.
Tamén hoxe Cuba posúe un novo Porto na Baía de
Mariel construído con créditos dados por Brasil que
o caracterizan por ser o maior Porto na zona de
centro América e América do Sur e con condicións
ilimitadas para descargar barcos de gran calado,
tonelaxe e desembarcos de colectores.
Acompaña a todo isto a cualificación do cidadán
cubano que lle permite pola súa
instrución, capacitación e graos científicos dar
resposta laboral aos labores que se presentarán no
futuro.
Convencido estou que resolto definitivamente as
trabas que durante tantos anos (máis de 50 anos)
sufriu o pobo cubano polo tema do bloqueo
norteamericano. O salto cuantitativo e cualitativo
que se experimentará en Cuba farase sentir no resto
do mundo.
Neste momento foron demasiadas as representacións
comerciais estranxeiras e Presidentes deses países
que están a visitar a Cuba, empezando por España,
que comezaron a reforzar o comercio
en todos os aspectos da súa economía interna e no
desenvolvemento das exportacións.
SANTOS MIGUEL R.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript