NÚMERO 306 - 14/03/2016
CUTUDC / Novidades
Na APA, alternativa asemblearia, dada a magnitude de temas que estamos a tratar consideramos imprescindible a convocatoria de asembleas nas que contrastemos pareceres.
Unha vez publicada a
RPT, compre levar a efecto as promocións acordadas
e negociar a OEP do ano 2016. Temos constancia de
que os temarios publicados para o proceso de
formación son obxecto de discusión e, en moitos
casos de desacordo, nun amplo sector do colectivo.
Tamén tratamos no órgano de representación, a
instancia dalgún traballador/a, sobre a posible
conservación da nota de anteriores convocatorias.
Todo isto sen esquecer que sobre a mesa temos temas
tan importantes como o Plan de Formación, a
modificación de regulamentos (xestión de listas de
agarda, comisións de servizos), incorporación do
PAS funcionarizado no baremo de concursos,
solicitudes de varios colectivos do PAS...
Para debater o máis amplamente posible todos estes
temas e os que poidan aparecer nas propias
asembleas convocaremos en días vindeiros a través
do correo institucional asembleas que realizaremos:
O día 29 de marzo en Ferrol
O día 30 de marzo na Coruña
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript