NÚMERO 305 - 07/03/2016
CUTUDC / Novidades
O 17 de marzo de 2012 Javier, militante do Grupo de Migración e Convivencia da Asemblea Popular de Lavapiés e do Sindicato de Ensino de CNT, era detido mentres gravaba unha redada racista na Plaza de la Corrala de Lavapiés.
Nas próximas
semanas coñecerase a data exacta do xuízo contra
este activista, previsto para a primavera. No
proceso aberto, a fiscalía e o
avogado particular dun dos axentes que o detivo
acusándoo de delitos de resistencia e atentado á
autoridade e reclaman para el dous anos de prisión
e o pago dunha multa por "responsabilidade civil"
de máis de 7.500 euros.
Os feitos polos que se lle xulga ocorreron durante
unha manifestación espontánea de veciños do barrio
que tentaban denunciar publicamente unha redada
contra emigrantes africanos nas rúas de Lavapiés.
Non era a primeira concentración
pacífica organizada nese barrio, e outros como
Carabanchel, para expresar o seu rexeitamento polo
acoso constante ao que se sometía á os veciños
migrantes, sometidos a diario a controis de
identidade pola súa cor de pel e a súa procedencia.
Trátase - denuncian desde o Grupo de
Migración e Convivencia da Asemblea Popular de
Lavapiés - "duns controis que foron recriminados
aos gobernos españois por organismos tan pouco
revolucionarios como a Unión Europea,
a ONU ou Aministía Internacional e que se seguen
producindo continuamente nos espazos públicos da
nosa cidade, coa colaboración activa da Policía
Municipal do Concello de Madrid e axentes de
seguridade privada do metro, Renfe, etc".
"Teñen a intención - denuncian desde este colectivo
- de encher as cotas de persoas sen permiso de
residencia en regra esixidos desde o Ministerio do
Interior ás comisarías de policía para satisfacer o
afán de carne humana dos seus calabozos, os seus
CIE e os seus voos de deportación e, ao mesmo
tempo, para fomentar o odio e a división entre a
clase traballadora nativa e a estranxeira".
"O día 17 de marzo de 2012, cun despregamento
represivo sen precedentes e a consecuente montaxe
policial contra o noso compañeiro, as autoridades
pretenderon poñer fin a estas mostras espontáneas e
pacíficas de solidariedade que, ao berro de Ningún
“¡ser humano é ilegal!”, denunciaban a secuela dos
controis de identidade racistas e os consecuentes
arrestos (secuestros) de veciños cuxo único
“delito” era ser migrantes, pobres e perder ou non
conseguir cumprimentar o trámite administrativo que
acreditase a súa residencia legal nos nosos
barrios" -engaden.
A Asemblea Popular de Lavapiés realiza un
chamamento á solidariedade co mozo procesado, e
anuncia que o vindeiro sábado 12 de
marzo haberá un evento no C.S.O.A. La Quimera para
financiar unha campaña de apoio ao mesmo e
reactivar a loita contra os controis e redadas
racistas da Policía Nacional.
Canarias Semanal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript