NÚMERO 305 - 07/03/2016
CUTUDC / Novidades
O Consello de Goberno da Universidade de Compostela en reunión extraordinaria para tratar sobre a creación, supresión e modificación dos departamentos, decide a redución de 76 a 50 departamentos A sesión do Consello de Goberno foi interrompido por un grupo numerosos de profesores/as titulares acreditados a Catedrático/a da USC que fan lectura dun comunicado relativo á paralización de novas prazas de catedrático/a dende hai 6 anos.
A decisión
tómase como parte dunha reorganización que lle
permitirá diminuír 200.000 euros dos seus
orzamentos.
A resolución contempla a integración de todos os
recursos nunha única unidade por centro que
traballarán a través dunha programación
administrativa anual. As secretarias/os de
departamento integraranse nesas unidades.
Segundo declaracións do reitor Juan Viaño a
decisión supón un paso para unha xestión "máis áxil
e eficaz" e para "optimizar ao máximo os recursos"
e, segundo esas declaracións "non levará redución
algunha do actual cadro de persoal, nin docente nin
de administración e servizos".
Os recortes en Educación deixan o persoal
da USC con 257 profesores menos
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript