Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 305 - 07/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

O 80% dos mozos en España vive cos seus pais e máis dun terzo deles está en risco de pobreza

O estudo, presentado polo sociólogo Joffre López e a responsable da área socioeconómica do CJE Víctor Reloba, analiza o primeiro semestre de 2015 con estatísticas oficiais e chega á conclusión de que este non “é país para mozos”, o colectivo “que máis risco de pobreza e exclusión social ten na actualidade” e o que pasa máis desapercibido.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sobre este asunto, o informe revela que o 36,4% dos mozos entre 16 e 29 anos atópanse por baixo do limiar da pobreza, taxa que alcanza ao 56,8% de quen está en paro pero tamén ao 25,1% dos que si están a traballar. “Hai pobreza laboral. O traballo xa non é unha garantía de inclusión na transición á vida adulta”, explicou Reloba.
 
Nas persoas entre 30 e 34 anos de idade, a taxa de pobreza ou exclusión social sitúase nun 30,1% que chega ao 62,5% entre quen está en paro e ao 27,7% dos que están ocupados. Non en balde, o 64,1% da poboación menor de 30 anos non percibe salario algún e no 18,1% dos fogares en que viven non hai ningunha persoa que estea ocupada.
 
Entre quen ten traballo, o Observatorio alerta da temporalidade e a precariedade. O 27,6% dos ocupados menores de 30 anos teñen xornadas inferiores a 35 horas semanais, un emprego parcial que afecta en maior medida ás mulleres, cun 24,3% subocupadas. Ademais, o 93,3% dos contratos que asinaron menores de 29 anos no primeiro semestre do ano pasado eran temporais.
 
Postdigital

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript