Número 305 - 07 de marzo de 2016
 
 

UNIVERSIDADE - CONFLITO COLECTIVO EXTRA DE 2013

O Tribunal Supremo falla a favor do PAS laboral

Segundo vos informamos no seu día, e o PAS laboral interpuxera demanda de Conflito Colectivo tanto para a devolución da paga extra de 2012 como para a devolución do ilegalmente recortado na paga extra de 2013. Conseguida a devolución do recortado no ano 2012, agardabamos a decisión dos tribunais respecto da demanda do ano 2013. Agora o Tribunal Supremo, ven de se pronunciar no Recurso de Casación interposto pola UDC contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que xa fallara recoñecendo o dereito ás percepcións que reclamaban as traballadoras e traballadores da UDC.

 UNIVERSIDADE de COMPOSTELA
    O Consello de Goberno da Universidade de Compostela en reunión extraordinaria para tratar sobre a creación, supresión e modificación dos departamentos, decide a redución de 76 a 50 departamentos A sesión do Consello de Goberno foi interrompido por un grupo numerosos de profesores/as titulares acreditados a Catedrático/a da USC que fan lectura dun comunicado relativo á paralización de novas prazas de catedrático/a dende hai 6 anos.
 LOITA OBREIRA
    Na véspera da xornada que simboliza a unidade da loita popular e nacional, a Central Unitaria de Traballadores réndelle tributo a Amador Rey e Daniel Niebla, asasinados polo fascismo na defensa do noso dereito a unha vida digna.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 LOITA SOCIAL
    O 17 de marzo de 2012 Javier, militante do Grupo de Migración e Convivencia da Asemblea Popular de Lavapiés e do Sindicato de Ensino de CNT, era detido mentres gravaba unha redada racista na Plaza de la Corrala de Lavapiés.
 FINANCIAL TIMES
    O xornal Financial Times, portavoz oficioso de burguesía financeira estadounidense, realizou unha valoración demoledora sobre os fenómenos que se produciron en España, como efectos da crise económica. Segundo este rotativo británico-estadounidense, a crise deixou un pesado “legado de temor nos mozos demandantes de emprego españois… De feito, a crise laboral non só está a converter en pobres aos mozos, senón tamén en enfermos", asegurou o xornal
 SISTEMA DEPREDADOR
    A destrución de ecosistemas e a biodiversidade en todo o mundo é unha consecuencia da lóxica inherente ao sistema capitalista que se impuxo á humanidade. Non é culpa da “actividade humana” en abstracto, como se proclama aos catro ventos.
 COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
    O domingo 13 de Marzo celebrarase a 10ª Marea Branca. Un mes mais, imos a esixir aos nosos dirixentes que queremos unha sanidade pública e de calidade, que non aceptamos as listas de espera actuais, o peche de camas e plantas enteiras dos nosos hospitais e o desprezo ás familias que teñen que viaxar a Portugal para conquerir as súas vacinas, e que tódolos doentes de Hepatite C teñan acceso á medicación de xeito inmediato.
 FRANQUISMO - LOITA OBREIRA
    Ás 17.10 do 3 de marzo de 1976, policías armados da Compañía de Reserva de Miranda de Ebro e da guarnición de Gasteiz (Vitoria) penetraron na parroquia de San Francisco, no barrio de Zaramaga da capital arabesa, usando gases lacrimóxenos para desaloxar a 4.000 traballadores en folga alí reunidos. Os traballadores empezaron a saír e, a poucos metros da porta do templo, algúns foron alcanzados por pelotas de goma e disparos de armas de fogo.
 CRISE ESTAFA
    O estudo, presentado polo sociólogo Joffre López e a responsable da área socioeconómica do CJE Víctor Reloba, analiza o primeiro semestre de 2015 con estatísticas oficiais e chega á conclusión de que este non “é país para mozos”, o colectivo “que máis risco de pobreza e exclusión social ten na actualidade” e o que pasa máis desapercibido.
    
  •   
 
 UNIVERSIDADEDE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 CUT
    Este mércores celebrouse no local da CUT do Morrazo a Asemblea Nacional de delegadas e delegados nacional da CUT, dentro do ciclo de actividades dirixidas á posta en común de debate e reflexións de cara á nosa Conferencia Nacional que se celebrará o 16 de abril.
 ESTADO ESPAÑOL
    Miles de estudantes manifestáronse este xoves en Madrid e Barcelona para pedir a derrogación da reforma 3+2, mostrar o seu rexeitamento á lei Lomce e á oferta de prácticas non remuneradas para estudantes universitarios.
 PAH
    A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Madrid denunciou este mércores o que denomina a "traizón" das vítimas por parte do Concello da capital do estado. Segundo a PAH, o Concello madrileño que preside Manuela Carmena, a través de Oficina de Intermediación Hipotecaria, reduciu as alternativas dos debedores á dación en pago das vivendas.
 LOITA SOCIAL
    A coordinadora do Consejo de Pueblos Indígenas de Honduras (Copinh), Berta Cáceres, foi asasinada na madrugada deste xoves por parte de suxeitos descoñecidos. Confírmase que a líder hondureña foi asasinada á 01:00H hora local no interior da súa vivenda situada no sector A Esperanza, departamento do Intibucá do sur-occidente do país.
 ECONOMÍA
    Non só o goberno do Partido Popular de Mariano Rajoy, en campaña electoral permanente, presume do “aumento do investimento estranxeiro” coma se dunha panacea anticrise se tratase.
 LABORAL
    Durante o mes de febreiro, no estado español rexistrouse a primeira alza na taxa de desemprego nun 0,05 por cento, en comparación ao mes de xaneiro, logo de dous anos de manterse estática a cifra, informou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
 VIOLENCIA MACHISTA
    “Pechou ben as pernas?”. “Pechou toda a parte dos órganos femininos?” Estas son algunhas das preguntas que a maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1 de Gasteiz (Vitoria) dirixiu a unha muller que denunciou varias agresións sexuais, segundo a Asociación Clara Campoamor.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016-. A Mesa pola Normalización Lingüística manifestou a súa repulsa á sentenza ideolóxica do TSXG feita publica hoxe contra a ordenanza de normalización lingüística de Lugo que, lembraron, foi aprobada por unanimidade polo pleno da corporación.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        CORRUPCIÓN

         
          LIXOTV

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript