Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 305 - 07/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
  • Noticias relacionadas

 

Esta consideración fundaméntase en que, no documento asinado recóllese que a contía da gratificación determinarase “atendendo aos servizos prestados na Universidade da Coruña”.
 
Esta mesma interpretación utilizouse por parte da Universidade para denegar a algúns traballadores o que lles correspondía segundo o establecido no artigo 58 do Convenio Colectivo computando exclusivamente, tamén nestes casos, o tempo traballado na UDC. No artigo 58 establécese:
 
“- Ao se producir a xubilación forzosa, falecemento ou a invalidez permanente dun traballador da Universidade da Coruña, percibirá o importe íntegro de tres mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos quince de antigüidade na UDC. No caso de prestacións de servizo a tempo parcial, computarase este tempo de xeito proporcional.”
 
O persoal laboral solicitou a reconsideración do cálculo de antigüidade, instando a que se teña en conta toda a vida laboral xa recoñecida a efectos de trienios. Esta argumentación foi avalada por sentenzas xudiciais tendo, a Universidade que proceder aboando as cantidades ás que tiñan dereito os traballadores.
 
As sentenzas que mencionamos obrigan agora á Universidade á reconsideración do criterio asin
ado no seu día e que se recolle nese acordo entre o reitor e a Xunta de Persoal.
 
En vindeiras reunións poñeremos enriba da mesa un acordo semellante ao contemplado xa no Convenio Colectivo e que, na contía, da gratificación supón un incremento importante.

Sentenza TSXG

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript