NÚMERO 305 - 07/03/2016
CUTUDC / Novidades
Non só o goberno do Partido Popular de Mariano Rajoy, en campaña electoral permanente, presume do “aumento do investimento estranxeiro” coma se dunha panacea anticrise se tratase.
A “gran
prensa” española celébrao igualmente como unha
mostra da suposta recuperación económica. Segundo
os apoloxistas mediáticos do Réxime, “a marca
España recupera progresivamente o tirón entre os
investidores estranxeiros e alcanza os niveis
previos á crise”.
Tamén a flamante alcaldesa de Madrid, Manuela
Carmena, manifestouno, igualmente convencida das
bondades do investimento foráneo, en
setembro do pasado ano.
“O investimento estranxeiro na
capital –dixo- está a aumentar", da man
especialmente da adquisición de inmobles. No seu
criterio, trátase dun feito "moi positivo".
Con todo, os favores do investimento estranxeiro
para España que se celebran a partir dos
incrementos no volume do capital implicado nestas
operacións, desvanécense se se lles compara co
diñeiro que os mesmos capitalistas sacaron do país.
Varios medios de comunicación publicaron que
os investidores extraeron de España 70.200
millóns de euros en 2015. Unha cifra moi superior
aos 5.600 millóns que investiron no país durante o
2014.
Só no mes de decembro, recoñece o propio Banco de
España, os investidores retiraron 19.000 millóns de
euros.
Do monto total do diñeiro extraído despréndese que
21.300 millóns corresponden aos
investimentos directos e outros 48.800 millóns a
outros investimentos tales como préstamos e
depósito.
Curiosamente, o Banco de España saíu este martes 1
de marzo a facer control de danos. Desmentiu a
todos os que interpretaron, a partir desas cifras,
que nos atopamos ante unha monumental “fuga de
capitais” do país.
Os responsables da entidade financeira argumenta
que a “fuga” de capitais en investimento
estranxeiro non existe tecnicamente.
“Das cifras de fluxos de financiamento co exterior
que se publicaron onte non se pode deducir que en
España houbese unha “fuga de capitais”, nin durante
o ano 2015 nin despois das eleccións xerais do 20
de decembro”.
Unha forma como calquera outra de facer malabares
dialécticos para negar o evidente.
Canarias Semanal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript