Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 305 - 07/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  FINANCIAL TIMES
 

"A crise converteu aos mozos parados españois en enfermos"

O xornal Financial Times, portavoz oficioso de burguesía financeira estadounidense, realizou unha valoración demoledora sobre os fenómenos que se produciron en España, como efectos da crise económica. Segundo este rotativo británico-estadounidense, a crise deixou un pesado “legado de temor nos mozos demandantes de emprego españois… De feito, a crise laboral non só está a converter en pobres aos mozos, senón tamén en enfermos", asegurou o xornal.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para este rotativo especializado en temas económicos, a crise da vivenda en España deveu na "devastación persoal” de toda unha xeración de mozas e mozos. Mesmo no momento actual, que o xornal caracteriza como dunha “recuperación sólida”, os datos mostran que máis de 1,8 millóns de españois menores de 34 anos están en paro. E sucede, o que é aínda peor, segundo o rotativo, “que un de cada cinco mozos non está a traballar nin formándose” .
 
“Os que atopan emprego en España – prosegue o xornal - adoitan traballar en condicións precarias, saltando de contrato temporal en contrato temporal, apenas alcanzando o salario mínimo” . Segundo precisou ao xornal Josep M. Blanch, profesor de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Barcelona, os estragos no mercado laboral son tamén “un problema de saúde mental”, non moi distinto que o fenómeno económico . “Sen un traballo seguro, vívese sen certeza e sen seguridade”, sostivo o académico. “Un non sabe se debe ter fillos e formar unha familia. Pérdese a capacidade para planificar e xestionar a propia vida: é como tentar conducir un coche sen volante”, 
 
Da cordo co que Blanch manifestou ao xornal anglosaxón, os mozos españois "obrigados a vivir nunha adolescencia permanente", ven bloqueado  o seu camiño cara á idade adulta.
 
O xornal engade no seu artigo sobre os efectos da crise en España, que “os salarios son xeralmente tan baixos que os traballadores novos só poden preocuparse o final de mes, non polo final da súa vida laboral”.
 
O Financial Times precisa que mentres os mozos londinienses se queixan porque non poden ascender na escala social e dispoñer dunha vivenda mellor, os mozos españois non poden sequera permitirse alugar unha propia. “Iso non quere dicir que as preocupacións da xeración de mozas en Gran Bretaña ou Estados Unidos sexan triviais, senón que a crise que afecta os traballadores da súa mesma idade en España e outras economías do Mediterráneo, é dunha magnitude diferente”.
 
“Unha xeración alcanzou a maioría de idade sen saber o que sente cun traballo seguro e con confianza no futuro - declarou  Josep M. Blanch  ao rotativo británico. “Moitos seguiron sendo dependentes dos seus pais durante moito tempo durante os seus 20 e 30 anos”. De acordo co testemuño xornalístico do Financial Times, os psicólogos españois non se atreven a vaticinar cal será a evolución que terá este dano sobre os mozos.
 
Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript