Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 305 - 07/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - CONFLITO COLECTIVO EXTRA DE 2013
 

O Tribunal Supremo falla a favor do PAS laboral

Segundo vos informamos no seu día, e o PAS laboral interpuxera demanda de Conflito Colectivo tanto para a devolución da paga extra de 2012 como para a devolución do ilegalmente recortado na paga extra de 2013. Conseguida a devolución do recortado no ano 2012, agardabamos a decisión dos tribunais respecto da demanda do ano 2013. Agora o Tribunal Supremo, ven de se pronunciar no Recurso de Casación interposto pola UDC contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que xa fallara recoñecendo o dereito ás percepcións que reclamaban as traballadoras e traballadores da UDC.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 28 de febreiro de 2013 publicábase no DOG a LEI 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 que contemplaba o recorte con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro dese ano, da paga extra feito que a representación do colectivo de PAS laboral consideramos ilegal.
 
Na reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia, realizada o pasado xoves, día 3, preguntamos ao xerente pola restitución tanto da parte que falta da extra de 2012 como pola execución desta sentenza que facemos extensiva ao persoal funcionario. Respondeu sinalando que se falara coa Xunta para que transferise o diñeiro necesario para facer fronte ao abono do recortado nas extras tanto de 2012 como de 1013 e, para todos os colectivos, a Xunta derivou a resposta a unha reunión que se convocará despois da semana santa.
 
Recuperar estas cantidades de diñeiro non nos pode facer esquecer que o sr. Feijoo segue recortándonos, ano tras ano, unha parte importante do noso salario. É a nosa obriga loitar para obrigarlle a restituírnolo.

Sentenza Tribunal Supremo

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript