Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 305- 07/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Aprobados e promocións
Ao respecto da promoción empeza a estenderse a discusión se se vai conservar a nota (aprobado) da convocatoria anterior. Son unha das persoas que quere presentarse á promoción a A2 que se contempla no acordo que votei a finais do ano pasado. Ao meu parecer a figura de “aprobado sen praza” é absolutamente ilegal, polo tanto se se opta pola vía de considerar eses “aprobados” nesta convocatoria xa vos anuncio que recorrerei, penso que non serei a única.

Temarios, parte común
Hai que buscar unha solución. Non se pode considerar ás escalas como iguais. A escala de bibliotecas e a escala técnica deben ter diferente esixencia que a escala xeral, á hora de abordar esa parte común que se enche de lexislación. Revisade convocatorias anteriores e comprobarédelo, collede, tamén convocatorias do que era PAS laboral e verédelo.

Buscar alternativas
Son novo no colectivo de funcionarios pero xa me sinalaron nalgunha conversa que as promocións son dun nivel tan alto, entre outras cousas, pola repetición dun esquema co que eu nun concordo. O que se me sinalou nesa conversa, informal, é que “se eu pasei por unha promoción tan complicada como é esta, os que veñan detrás tamén teñen que pasar polo mesmo filtro”. Opino totalmente o contrario, penso que as promocións non se poden converter en oposicións encubertas. Asegurando un nivel de coñecementos e de habilidades, débese favorecer as promocións. Xa vai sendo hora de romper este cliché. Haberá que buscar alternativas.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript