Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 305 - 07/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Fala Berta Cáceres, activista polo Medio Ambiente e os dereitos dos indíxenas. Asasinada en Honduras

A coordinadora do Consejo de Pueblos Indígenas de Honduras (Copinh), Berta Cáceres, foi asasinada na madrugada deste xoves por parte de suxeitos descoñecidos. Confírmase que a líder hondureña foi asasinada á 01:00H hora local no interior da súa vivenda situada no sector A Esperanza, departamento do Intibucá do sur-occidente do país.

 

  • Noticias relacionadas

 

Cáceres era líder da comunidade indíxena lenca e movementos campesiños, ademais era defensora dos dereitos humanos. Segundo fontes locais os asasinos esperaban que se durmise para forzar as portas da súa vivenda e matala. No feito, o irmán de Cáceres tamén resultou ferido.
 
A semana pasada ofreceu unha rolda de prensa na que denunciaba que catro dirixentes da súa comunidade foran asasinados e algúns recibiron ameazas.
 
Fala Berta Cáceres

 



A noticia na prensa.
 
Recollida de sinaturas. Invetigación para Berta agora!!

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript