NÚMERO 305 - 07/03/2016
CUTUDC / Novidades
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Madrid denunciou este mércores o que denomina a "traizón" das vítimas por parte do Concello da capital do estado. Segundo a PAH, o Concello madrileño que preside Manuela Carmena, a través de Oficina de Intermediación Hipotecaria, reduciu as alternativas dos debedores á dación en pago das vivendas.
O coordinador
da PAH, acompañado por varias decenas de afectados
de Madrid e doutros municipios lindeiros, acudiron
este mércores a unha concentración fronte á sede do
Concello, esixindo o peche da mencionada oficina.
Os activistas da PAH concentráronse
ante o Concello e deron rexistro a un
documento - por segunda vez- para esixir que a
Oficina de Intermediación Hipotecaria municipal
deixe ser un "instrumento de negocio" das entidades
financeiras. A concentración estivo encabezada por
Luís Chamarro, coordinador en Madrid da PAH.
Segundo Chamarro, á oficina creada por Carmena está
a achegarse xente desinformada á que se lle ofrece
como única opción a dación en pago e non "cales son
as súas posibilidades reais para defenderse".
"Todas van abocadas a entregar a súa casa en
dación, a perder o que deron, a quedar en aluguer
que non se pode chamar social durante tres anos
antes de irse á puta rúa", manifestou Chamarro.
Chamarro lembrou que o 5 de xaneiro pasado máis dun
centenar de afectados entregou á
alcaldesa Manuela Carmena un escrito, no que se lle
pedían explicacións sobre a oficina da súa
creación. Ata agora non obtiveron
contestación algunha.
"Presentámoslle un escrito- dixo - de recordo, no
que valoramos de forma negativa a súa falta de
resposta, interrogámola sobre os labores da Oficina
e pedímoslle que a peche". Chamarro
advertiu que "se equivoca a alcaldesa se pensa que
os afectados van quedar
calados". "Equivócase, - proseguiu o dirixente das
Plataformas - porque iremos a máis xa que está en
xogo a nosa vida". Chaparro xulgou como
"incomprensible e absolutamente repugnante"
o feito de que algúns dos membros do
goberno municipal traballaron
no pasado coa PAH.
"O que máis doe é a traizón; se o PP puxese isto en
marcha vímolo normal e coherente e denunciariámolo
e pelexariámolo igual. O que é incoherente é que un
goberno como este poña en marcha unha iniciativa
con tales características", denunciou
o coordinador da PAH.
Canarias Semanal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript