NÚMERO 305 - 07/03/2016
CUTUDC / Novidades
Ás 17.10 do 3 de marzo de 1976, policías armados da Compañía de Reserva de Miranda de Ebro e da guarnición de Gasteiz (Vitoria) penetraron na parroquia de San Francisco, no barrio de Zaramaga da capital arabesa, usando gases lacrimóxenos para desaloxar a 4.000 traballadores en folga alí reunidos. Os traballadores empezaron a saír e, a poucos metros da porta do templo, algúns foron alcanzados por pelotas de goma e disparos de armas de fogo.
Os axentes da
Policía Armada asasinaron a balazos a Pedro María
Martínez, de 27 anos; Francisco Aznar, de 17;
Romualdo Barroso, de 19; José Castelo, de 32 anos,
e Benvido Pereda, de 30. Máis de cen persoas
resultaron feridas, a metade delas polos disparos
da policía. Os seus responsables políticos, como o
ministro da Gobernación Manuel Fraga, nunca
responderon por aquela animalada.
Con todo, aqueles feitos
deben inscribirse dentro dun proceso xeral
moito máis amplo que arrinca desde a década dos
anos sesenta no País Vasco, un período marcado por
un incremento dos conflitos laborais e pola
radicalización dunha violencia política que
alcanzaría os seus maiores e máis dramáticas cotas
durante os primeiros anos da transición cara á
“democracia”.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript