NÚMERO 305 - 07/03/2016
CUTUDC / Novidades
Na véspera da xornada que simboliza a unidade da loita popular e nacional, a Central Unitaria de Traballadores réndelle tributo a Amador Rey e Daniel Niebla, asasinados polo fascismo na defensa do noso dereito a unha vida digna.
Asasinados en
1972, en Ferrol, no medio da rebelión organizada
contra o Franquismo, foi o ano no que tamén ardeu
Vigo, A Coruña... como volvería acontecer en
incontables batallas polo poder obreiro. As causas
que perseguía a clase traballadora coetánea de
Amador e Daniel, lembremos a xornada de 8 horas, e
que levaron ó seu fusilamento, non son tan
distintas das que nos convocan nesta data ou das
que nos levan ata Madrid dentro de dúas semanas
coas Marchas da Dignidade. Se cadra, mesmo son
peores as circunstancias actuais con xornadas
interminables de traballo, un Salario Mínimo
Interprofesional irrisorio e o “despido libre” por
catro patacos a persoal traballador cunha
antigüidade de trinta anos. Esa é a triste
realidade.
A convocatoria do 10 de marzo conmemorando a
heroicidade de Amador e Daniel ten un valor
engadido se entendemos, por un lado, que estamos en
débeda coa loita anti-franquista e que mantemos,
queirámolo ou non, un cordón umbilical que nos liga
xa á loita pola defensa do goberno republicano e
dos dereitos de todo o proletariado. Non falamos de
contextos tan distintos cando as distintas faccións
se uniron contra o Ditador e cando agora nós vimos
preconizando a unidade popular e obreira contra os
ditados do capitalismo e da oligarquía, veñan de
Madrid, de Raxoi ou de Bruxelas. E non estaremos a
falar de contextos tan dispares cando unha vez máis
o sentido común dos sectores populares e da clase
traballadora máis consciente procura reagrupar e
reunificar as loitas para facer tremer o sistema.
Esa é hoxe a tarefa e o exemplo que están a dar as
Marchas, ademais porque outros non o van facer. E a
este réxime haberá que botalo tamén.
Deste xeito, comprometémonos todos a seguir
apoiando e mantendo no tempo estas loitas. Estas e
outras que virán e serán se cadra máis arduas. A
seguir conducindo e camiñando coa clase
traballadora deica a vitoria.
Vivan Amador e Daniel! Viva a Clase Obreira
Galega!!
Vivan as Marchas da Dignidade!
CUT Citroën – foto Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript