Marzo de 2016
 
 

NÚMERO 305 - 07/03/2016

   CUTUDC / Novidades

  COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
 

10ª Marea Branca

O domingo 13 de Marzo celebrarase a 10ª Marea Branca. Un mes mais, imos a esixir aos nosos dirixentes que queremos unha sanidade pública e de calidade, que non aceptamos as listas de espera actuais, o peche de camas e plantas enteiras dos nosos hospitais e o desprezo ás familias que teñen que viaxar a Portugal para conquerir as súas vacinas, e que tódolos doentes de Hepatite C teñan acceso á medicación de xeito inmediato.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tamén denunciamos a escaseza de medios e persoal nas residencias xeriátricas, o que esta a provocar unha deficiente atención aos internos.
 
Esiximos un trato digno para todas e todos nos centros socio-sanitarios de Galicia, e que se incrementen os medios e persoal necesario para poder atender ás e os doentes dos hospitais e ás residentes e residentes destes centros.
 
E como non podía ser doutro xeito, goberne quen goberne, queremos a derogacións das leis 15/1997,   16/2012, o artigo 135 da Constitución, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o rexeitamento absoluto aos tratados de libre comercio coñecidos como TTIP, TISA e CETA.
 
10ª MAREA BRANCA
 
Esta 10ª Marea Branca continúa co apoio á loita das traballadoras e traballadores eventuais do SERGAS, que están a sufrir unhas condicións de traballo intolerables, o que repercute irremediablemente na calidade asistencial ás e os doentes.
 
Por iso dende aquí facemos un chamamento a toda a cidadanía para participar nesta 1ª Marcha en defensa das persoas que cuidan da nosa saúde en condicions indignas de traballo.
 
1ª MARCHA EVENTUAIS DO SERGAS
 
Tamén anunciamos que diferentes redes e colectivos locais europeos queren levar a cabo un DÍA EUROPEO CONTRA A MERCANTILIZACIÓN DA SAÚDE o vindeiro 7 de Abril.
 
Europa está en loita contra a privatización da sanidade.
 
DIA EUROPEO CONTRA A MERCANTILIZACIÓN DA SAÚDE
 
Mais información no seguinte enlace:
 
https://mesaendefensasanidadpublica.wordpress.com/2016/02/28/7-abril-2016-aviso-a-navegantes-europa-vs-mercatilizacion-de-la-salud/
 
A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript