NÚMERO 304 - 29/02/2016
CUTUDC / Novidades
Os lapsus do presidente ultraconservador español Mariano Rajoy traspasan fronteiras. O último trabalinguas lingüístico sufrido polo xefe do Executivo de España foi recollido pola axencia "Rusia Today", con vídeo incluído, esta mesma semana. A nota da axencia rusa di textualmente:
"Mariano Rajoy, volveu a ser obxecto das
burlas das redes sociais ao cometer un novo erro
lingüístico ao referirse ao seu recente nomeamento
como 'persoa non grata' na súa cidade natal,
Pontevedra , na comunidade de Galicia. Desta forma,
o político español asegurou nunha entrevista á
canle de televisión Antena 3 que esta decisión
afectoulle, posto que "somos sentimentos e temos
seres humanos". Ademais, no curso da mesma
entrevista, Rajoy lamentou que "nin sequera
Hitler ou Stalin foron declaradas persoas non
gratas na cidade de Pontevedra" .
A moción á que alude a informacion da
axencia rusa, foi aprobada polo Concello
pontevedrés declarándoo "non grato"
na súa propia cidade de adopción. A moción foi
proposta polos grupos municipais da oposición, e
contou, ademais, coa o apoio do Bloque
Nacionalista Galego (BNG). A repulsa dos seus
paisanos está motivada por autorizar que unha
fábrica de celulosa construída xunto á costa
durante a ditadura franquista, puidese continuar
traballando nese lugar durante os próximos 60 anos
.
VIDEOS
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript