NÚMERO 304 - 29/02/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado día 24 realizouse unha reunión da Comisión de Asuntos Económicos delegada do Consello de Goberno e o día 25 tivemos a do Consello de Goberno.
Sen moito que sinalar das dúas
reunións si temos que indicar que:
Na
reunión da Comisión de Asuntos
Económicos preguntamos polo abono das cantidades
que aínda non percibimos da paga extra de 2012,
sinalándosenos que, de momento, a Xunta non enviara
o diñeiro para poder facerlle fronte ao pago. O
xerente indicou que o venres, día 26, terían unha
nova reunión coa Xunta e que lles preguntarían
sobre este asunto.
Sobre a prórroga dos orzamentos, o vicerreitor
sinalou que aínda están en conversas coa Xunta para
ter coñecemento exacto das cantidades que se van a
transferir. A vindeira reunión coa Xunta realizarse
o día 2 de marzo.
No
Consello de Goberno o
secretario xeral comunicounos que na vindeira
reunión irán, dentro da Orde do día, o acordo para
que o PAS das UADI pase a formar parte nos
Consellos Departamento, reflectido na
Proposta de acordo da Comisión Electoral
Central do 11 de novembro do 2015, sobre a
representación do PAS nos órganos colexiados de
departamentos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript