Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 304 - 29/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

APA denuncia no contencioso-administrativo o incumprimento da normativa de comisións de servizos

Na campaña para a elección do novo reitor sinalabamos a importancia que para o colectivo tiña a existencia dunha normativa que regulase os comportamentos da administración. Atopámonos, nesta ocasión, coa situación de que existindo un regulamento pactado entre a representación institucional e a representación das funcionarias e funcionarios, a Xerencia, coa anuencia do reitor decide incumprir a Resolución.

 

  • Noticias relacionadas

 

O feito de que todos os sindicatos entendesen que non correspondía presentar recurso impediu presentalo como Xunta de Persoal, o que lle daría unha maior forza representativa. Non obstante a APA decide recorrer xudicialmente ao entender que o esixe a gravidade da decisión tomada polo equipo de goberno da Universidade.
 
Queremos significar, unha vez máis, que a Xunta de Persoal manifestoulle directamente ao reitor o rexeitamento á medida adoptada pola Xerencia dándolle un prazo razoable para que reconsiderase a decisión, feito que non se produciu.
 
Diante da imposición de xerente e reitor, a APA decide defender, pola vía xudicial, os dereitos do PAS reflectidos na Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de 2014, pola que se ditan instrucións para a cobertura temporal de postos de traballo de PAS funcionario en comisións de servizos e que a institución incumpre (xa nos pronunciamos ao respecto) provocando, entre outras cousas, unha desigualdade no tratamento de situacións análogas que de ningún xeito podemos permitir.
 
De consentir que este incumprimento pase sen resposta abrimos a espita para que se produzan outras transgresións, sen ir máis lonxe, quen nos asegura que no concurso comprometido aparecerán todas as prazas?
 
Defender as normas que posibilitan un trato igual para todas as funcionarias e funcionarios é cousa de todas e todos. Solicitámosche que te impliques, neste caso, participando na demanda interposta por APA que ten como obxectivo restituír a legalidade na actuación da Universidade.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript