NÚMERO 304 - 29/02/2016
CUTUDC / Novidades
O día 26 os medios de comunicación (La Voz de Galicia, La Opinión Coruña) reflectían que o reitor viña de sinalar que “A investigación sobre Socioloxía descarta a existencia de sustancias canceríxenas”. Ese mesmo día as traballadoras e traballadores do centro, que integra ademais da Facultade de Socioloxía a de Ciencias da Comunicación, enviáronnos un estudo, que foi distribuído polos decanos, e realizado polo Servizo de Prevención no que se detectan moi altos índices de Radon nalgunhas dependencias do centro.
O estudo que se nos proporcionou e
que reflicte medicións en todos os andares do
centro chega, nalgúns casos a detectar uns valores
de 4133 ± 321 Bq/m³,
2980 ± 258 Bq/m³, 2832 ± 282 Bq/m³,,ou 1560 ± 226
Bq/m³ (O becquerel ou becquerelio (símbolo Bq) é
unha unidade derivada do Sistema Internacional de
Unidades que mide a actividade radioactiva.
Wikipedia).
Aínda que o estudo determina, en base á
Instrución IS-33 que o máximo de concentración debe
estar en 600 Bq/ m³,
hai estudos e incluso unha directiva da Unión
Europea do ano 2014 (2013/59/EURATOM)
na que se establecen os niveis admisibles de radon
en domicilios e lugares de traballo na que se
sinala uns niveis límite para domicilios e lugares
pechados 300 Bq/m³ (a totalidade dos espazos
reflectidos no estudo superan este límite).
Unha vez máis vémonos na
obriga de sinalar que o reitor debe ser, cando
menos, máis comedido nas súas declaracións públicas
cando se trata de aspectos tan importantes como a
saúde dos e das que formamos parte da Comunidade
Universitaria. Reclamamos á Institución a
seriedade e a actuación responsable que este asunto
require tomando as medidas necesarias para que a
saúde das persoas que traballan ou estudan no centro
non perigue.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript