Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 304 - 29/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO DEREITO AO ABORTO
 

Os abortos no Materno infantil e os silencios

Estes días vimos na prensa sorprendidos o maltrato asistencial ao que foron sometidas algunhas mulleres no Hospital Materno Infantil. Mulleres que no seu momento tiveron que sufrir a desgraza de ter que pasar por un aborto a partires do segundo trimestre do seu embarazo. Pese ao duro que supón isto para unha muller, foron asistidas nunhas condicións inhumanas, cunha falta de empatía e asistencia básicas nun pais que se din civilizado.

 

  • Noticias relacionadas

 

Pero o que nos sorprende moito mais de todo isto é o silencio de moitas e moitos, o silencio de responsables a tódolos niveis sobre unha situación, que polas testemuñas escoitadas dalgúns xinecólgos, veñen de varios anos atrás.
 
Moitas e moitos tiñan que saber o que estaba a acontecer nese hospital. Nos preguntamos si a xunta de persoal do CHUAC estivo ao tanto do que acontecía nese centro, si nunca chegoulle ningunha queixa ou denuncia de ningunha traballadora ou traballador, si a dirección dese hospital descoñecía totalmente o que acontecía e si a xerencia do CHUAC nunca soubo nada sobre o trato degradante que se estaba a dar a estas mulleres. En calquera dos dous casos é grave, tanto por descoñecemento como por ocultación, xa que ningún destes organismos estivo a facer o seu traballo.
 
Un xinecólogo de Ourense, o doutor Doval, dixo publicamente que o Sergas no seu momento, deixou de pagar aos profesionais as prolongacións de xornada para atender a estas mulleres, o que provocou a desatención das mesmas.
 
Nós preguntamos, ¿Por qué tanto silencio ante unha atención tercermundista que degrada ás mulleres e nos degrada a todos como sociedade?
 
Calquera profesional ou responsable da xerencia ou representante sindical, teñen a obriga de denunciar calquera situación de desatención que sufra calquera doente que precise asistencia sanitaria.
 
O xinecólogo Segrelles da Coruña, comentou que na súa etapa neste hospital durante os anos 80,  sentiuse presionado constantemente, con moitas trabas  para poder levar a cabo o seu traballo coa calidade que merecían estas mulleres que sufrían abortos nos dous primeiros trimestres do seu embarazo, que ata o persoal de limpeza acollíase a obxeción de conciencia para non limpar a habitación desas doentes.  Un desprezo incalificable que parece que ninguén viu, nin denunciou ou que simplemente calou.
 
Volvemos a preguntarnos, ¿Onde estaban a Xerencia do CHUAC ou a Dirección do Hospital Materno Infantil, ou a Xefatura do servizo de Xinecoloxía ou os representantes da Xunta de Persoal do CHUAC?
 
Durante todos estes anos ¿Ninguén destes responsables viu ou escoitou nada?
 
Gustaríanos escoitar explicacións de todos aqueles que tiveron ou teñen responsabilidade, e que están obrigados a detectar estas anomalías,  e permitiron por acción ou por omisión, que se produciran estes abusos contra mulleres que precisaban dunha asistencia digna nun momento tan duro como ese para calquera muller.
 
Finalmente facemos un chamamento a tódalas mulleres que pasaron por unha situación similar, a que se poñan en contacto coa Plataforma Galega en Defensa do Dereito ao Aborto https://www.facebook.com/Plataforma-Galega-pola-Defensa-do-Dereito-ao-Aborto-160885647418468/timeline para, todas xuntas, denunciar e aclarar o que aconteceu nese hospital, e para que non suceda nunca mais.
 
Programa completo de Hoy por Hoy da Cadena Ser dedicado a este tema.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript