NÚMERO 304 - 29/02/2016
CUTUDC / Novidades
De acordo co que manifesta nun artigo o economista Ignacio Muro, publicado no dixital “Economistas fronte á crise”, o que nos están revelando os datos que achega a EPA, resulta tan estraño como terrible. Segundo Muro, os traballadores maiores de 40 anos que se fixeron activos na procura de emprego crecen en case un millón de persoas. O desánimo, en cambio, instálase entre os menores de 35 anos, ata o punto de que 1,5 millóns deixaron xa de buscar traballo en España.
Trátase,
ademais, dun comportamento xeneralizado en todos os
chanzos de idade. Desanímanse e foxen os de 20
anos, pero tamén os de 25, os de 30 e os de 35.
Foxen os homes pero tamén as mulleres nunha
extriñísima paridade.
Fuxían en 2011, nos peores
momentos da crise, pero seguen desanimándose e
fuxindo en 2015, case 400.000 máis, cando a
creación de emprego bate records, tanto en volume e
precariedade.
Para eles non hai traballo en
España. Ou non o hai, da calidade que esperan para
a formación recibida. Por iso buscan no exterior,
en Europa pero tamén en Latinoamérica ou en Asia ,
os empregos que aquí non atopan. Máis de 200.000
mozos menores de 35 anos, emigraron anualmente
desde o 2011, segundo os datos do INE.
Segundo o economista, os datos
máis significativos do noso mercado de traballo, os
que reflicten a letra pequena da EPA, adoitan
permanecer ocultos. Reflicten simplemente a
incapacidade do noso sistema produtivo para
aproveitar os mellores activos humanos. Reflicten
tamén unha cadea de empobrecemento do noso país,
unha cadea inversa de transferencia de coñecemento
a favor dos países centrais de Europa.
Canarias Semanal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript