Número 304 - 29 de febreiro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

APA denuncia no contencioso-administrativo o incumprimento da normativa de comisións de servizos

Na campaña para a elección do novo reitor sinalabamos a importancia que para o colectivo tiña a existencia dunha normativa que regulase os comportamentos da administración. Atopámonos, nesta ocasión, coa situación de que existindo un regulamento pactado entre a representación institucional e a representación das funcionarias e funcionarios, a Xerencia, coa anuencia do reitor decide incumprir a Resolución.

 UNIVERSIDADE
    O día 26 os medios de comunicación (La Voz de Galicia, La Opinión Coruña) reflectían que o reitor viña de sinalar que “A investigación sobre Socioloxía descarta a existencia de sustancias canceríxenas”. Ese mesmo día as traballadoras e traballadores do centro, que integra ademais da Facultade de Socioloxía a de Ciencias da Comunicación, enviáronnos un estudo, que foi distribuído polos decanos, e realizado polo Servizo de Prevención no que se detectan moi altos índices de Radon nalgunhas dependencias do centro.
 XUNTA DE GALIZA
    Na xuntanza da Comisión de Persoal que tivo lugar na Egap o 24 de febreiro aprobouse , co voto en contra das organizacións sindicais, o Decreto polo que se aproba a OEP correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración Xeral de Galiza para o ano 2016.
 XUNTA DE GALIZA
    Coa finalidade de adaptar a normativa vixente ás novidades posteriores á Lei de Función Pública de Galicia e aos cambios no Estatuto Básico do Empregado Público a Comisión de Persoal ven de aprobar a nova instrución de vacacións, licenzas e permisos para o persoal da Xunta de Galicia.
 "SOMOS SENTIMENTOS E TEMOS SERES HUMANOS"
    Os lapsus do presidente ultraconservador español Mariano Rajoy traspasan fronteiras. O último trabalinguas lingüístico sufrido polo xefe do Executivo de España foi recollido pola axencia "Rusia Today", con vídeo incluído, esta mesma semana. A nota da axencia rusa di textualmente:.
 LOITA SOCIAL
    As redes sociais difundiron as imaxes que mostran como embarcacións da Armada embisten brutalmente a unha lancha de Greenpeace durante unha protesta en novembro de 2014 contra as prospeccións petrolíferas de Repsol en augas próximas ao arquipélago canario. O Ministerio de Defensa negou entón que se produciron estes ataques contra os ecoloxistas. O xuíz arquivou este venres a investigación aberta a dous militares da Armada e a unha activista de Greenpeace polos incidentes ocorridos.
 AMNISTÍA INTERNACIONAL
    Amnistía España lanzou unha campaña de recollida de sinaturas explicando que “Tras a reforma do Código penal español, en 2015, a ambigüidade dalgúns dos artigos deixa aberta a porta para a vulneración dos dereitos á liberdade de expresión, de asociación e de reunión pacífica. Unha porta que levou a Alfonso e a Raúl a prisión.”
COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA

    A crise de Vitaldent é a mellor demostración do que significa deixar espazos da nosa saúde en mans de negociantes privados, que consideran a saúde, dental neste caso, como quen fabrica bolígrafos. Vitaldent é a pequena escala o que podería acontecer se quebraran as empresas propietarias de POVISA ou as que teñen a xestión do Alvaro Cunqueiro, ou a dependencia que ten o Sergas das derivacións ao Quiron ou ao Modelo.

 MARCHA EUROPEA POLOS DEREITOS DAS PERSOAS REFUXIADAS
    Desde distintos colectivos e organizacións reunidos en Bruxelas saíu a convocatoria internacional para o día de hoxe, 27 de febreiro, dunha “Marcha Europea polos dereitos das persoas refuxiadas” co obxectivo de esixir vías de acceso seguras ao continente para as miles de persoas que cada día vense obrigadas a cruzar o Mar Mediterráneo e outras fronteiras xogándose a vida, mentres os líderes europeos non fan nada máis que interpoñerlles obstáculos.
 LOITA SOCIAL - RERPRESIÓN POLICIAL
    Un informe pericial fisonómico encargado polo xulgado de instrución número 4 de Barcelona conclúe que o subinspector Jordi Arasa é o autor material da agresión contra cinco cidadás que estaban sentadas pacíficamente no chan.
 OPINIÓN - José Saturnino Martínez García
    En España sobran universidades e universitarios. Pouca xente estuda FP, que ten boa integración laboral, mentres que os universitarios están sobrecualificados ou en paro. A forma máis eficiente e equitativa de mellorar o acceso á universidade é combinar un sistema de bolsas para aos máis pobres co achegamento das taxas ao custo real da matrícula para quen a poida pagar, como ocorre nos países coas mellores universidades do mundo.
    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 24 realizouse unha reunión da Comisión de Asuntos Económicos delegada do Consello de Goberno e o día 25 tivemos a do Consello de Goberno.
 UNIVERSIDADEDE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 STEPHEN HAWKING
    O coñecido científico británico Stephen Hawking escribiu este xoves na redes sociais - Reddit Ask Me Anything - que a quen realmente hai que terlle medo é ao sistema capitalista, non aos robots que suplen o traballo humano. "Se as máquinas producen todo o que necesitamos, - dixo Hawking - os seus efectos negativos ou positivos dependerá de como se distribúa a propiedade das cousas."
 LABORAL
    De acordo co que manifesta nun artigo o economista Ignacio Muro, publicado no dixital “Economistas fronte á crise”, o que nos están revelando os datos que achega a EPA, resulta tan estraño como terrible. Segundo Muro, os traballadores maiores de 40 anos que se fixeron activos na procura de emprego crecen en case un millón de persoas. O desánimo, en cambio, instálase entre os menores de 35 anos, ata o punto de que 1,5 millóns deixaron xa de buscar traballo en España.
 THE NEW YORK TIMES
    Era un show de monicreques na rúa durante os entroidos de Madrid. Un policía trataba de deter a unha bruxa. O monicreque do policía sostiña unha pancarta que dicía “Gora AlKa-ETA” e xogaba coas palabras Al Qaeda e ETA. Algúns pais protestaron e chamaron á policía, que se presentou no lugar e arrestou aos dous titiriteros, que agora enfrontan sete anos de cárcere por enaltecemento e apoloxía do terrorismo.
 FEMINISMO
    No pasado día 29 de xaneiro xuntámonos en Compostela diferentes organizacións respostando á chamada aberta feita para a acción conxunta do 8 de marzo.
 PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO DEREITO AO ABORTO
    Estes días vimos na prensa sorprendidos o maltrato asistencial ao que foron sometidas algunhas mulleres no Hospital Materno Infantil. Mulleres que no seu momento tiveron que sufrir a desgraza de ter que pasar por un aborto a partires do segundo trimestre do seu embarazo. Pese ao duro que supón isto para unha muller, foron asistidas nunhas condicións inhumanas, cunha falta de empatía e asistencia básicas nun pais que se din civilizado.
 MANIFESTACIÓN NACIONAL EN COMPOSTELA
    Despois da retirada por parte da Xunta de Galicia da Lei de Acuicultura, as plaformas convocates da manifestación contra a citada Lei, deciden seguir coa convocatoria que contou cunha ampla maioría do sector. Reconverteron a convocatoria nunha Manifestación Nacional "En defensa do Mar e de Galiza".
 LINGUA
    Non houbo acordo do pleno do parlamento na petición da deputada do PSdeG Concepción Burgo de derrogar o denominado decreto do plurilingüismo no ensino, que si foi avalado polo resto da oposición.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        ISO DI O PP

         
          ERES DE ANDALUCÍA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript