Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 304 - 29/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  AMNISTÍA INTERNACIONAL
 

A familia dos titiriteiros agradece a solidariedade e chama a asinar pola súa absolución

Amnistía España lanzou unha campaña de recollida de sinaturas explicando que “Tras a reforma do Código penal español, en 2015, a ambigüidade dalgúns dos artigos deixa aberta a porta para a vulneración dos dereitos á liberdade de expresión, de asociación e de reunión pacífica. Unha porta que levou a Alfonso e a Raúl a prisión.”

 

  • Noticias relacionadas

 

As mostras de solidariedade en todo o Estado español non cesan. Tamén desde outros países de Europa e de América Latina. A noticia estendeuse e séguese estendendo.  Manifestacións, marchas, concentracións, charlas debate, comunicados ou publicación de artigos de apoio a Alfonso e Raúl, os artistas represaliados que poden chegar a   ser condenados ata catro anos en prisión por enaltecemento “do terrorismo”.
 
“Que leve a cabo ou non tal atentado aos dereitos humanos -o dereito á liberdade de expresión- depende de cada un/a de nós/vos ..”
 
Amnistía España lanzou unha campaña de firmas explicando que “Tras a reforma do Código penal español, en 2015, a ambigüidade dalgúns dos artigos deixa aberta a porta para a vulneración dos dereitos á liberdade de expresión, de asociación e de reunión pacífica. Unha porta que levou a Alfonso e a Raúl a prisión.”
 
E esixe que os cargos impostos aos dous titiriteros sexan retirados. Tamén que  as autoridades españolas derroguen ou modifiquen os artigos do Código penal que impoñen restricións desproporcionadas aos dereitos humanos, incluído o dereito á liberdade de expresión.
 
Por iso, solidaricémonos con Alfonso e Raúl, asinemos e chamemos a asinar esta solicitude que será presentada á Fiscalía por Amnistía España.
 
ASINA AQUÍ

 
Recollido de Kaosenlared.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript