Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 304 - 29/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  STEPHEN HAWKING
 

"Ao que hai que temer é ao sistema capitalista, non á automatización"

O coñecido científico británico Stephen Hawking escribiu este xoves na redes sociais - Reddit Ask Me Anything - que a quen realmente hai que terlle medo é ao sistema capitalista, non aos robots que suplen o traballo humano. "Se as máquinas producen todo o que necesitamos, - dixo Hawking - os seus efectos negativos ou positivos dependerá de como se distribúa a propiedade das cousas."

 

  • Noticias relacionadas

 

      O científico asegurou que non serán as máquinas as que sumirán á humanidade na apocalipse económica, senón os propios  humanos que posúen unha vontade codiciosa. "Realmente ao que hai que terlle medo é ao capitalismo, non aos robots. .. Se as máquinas producen todo o que necesitamos, asegurou Hawking- o resultado dependerá de como se distribúen as cousas."
 
       Nas súas respostas en Reddit, o científico augurou que a desigualdade económica dispararase  na medida que os postos de traballo se automaticen e os ricos propietarios das máquinas continúen negándose a compartir a súa riqueza cos demais.
 
    "Se as máquinas producen todo o que necesitamos, os seus efectos dependerán de como se distribúen as cousas. Todo o mundo pode gozar dunha vida de lecer coa condicion de que a riqueza producida por unha máquina sexa compartida. Pero tamén é certo que a maioría da xente pode acabar na máis miserable das pobrezas se   os propietarios deses robots seguen opoñéndose á redistribución da riqueza. Ata o momento, a batalla vai ganándoa a segunda opción, pois é certo que ao non existir distribución a desigualdade segue crecendo."
 
       "En esencia, os propietarios de máquinas son a burguesía dunha nova era. As grandes compañías que posúen a propiedade das mesmas Na que as corporacións que posúen non proporcionarán postos de traballo aos traballadores humanos reais”.
 
Canarias Semanal 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript