Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 304 - 29/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA SOCIAL
 

Publicado o vídeo con brutais arremetidas da Armada a unha lancha de Greenpeace en Canarias

As redes sociais difundiron as imaxes que mostran como embarcacións da Armada embisten brutalmente a unha lancha de Greenpeace durante unha protesta en novembro de 2014 contra as prospeccións petrolíferas de Repsol en augas próximas ao arquipélago canario. O Ministerio de Defensa negou entón que se produciron estes ataques contra os ecoloxistas. O xuíz arquivou este venres a investigación aberta a dous militares da Armada e a unha activista de Greenpeace polos incidentes ocorridos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tanto a Armada como Greenpeace presentaron senllas denuncias polo incidente ocorrido entre os militares que protexían as prospeccións e activistas desta organización. Para o xuíz a actuación da Armada está amparada na legalidade, mentres que no caso de Greenpeace entende que non se pode imputar un delito de pirataría á activista que resultou ferida posto que nin comandaba nin pilotaba a lancha.
 
O xuíz considera que os militares desenvolvían unha función de seguridade e de mantemento da orde pública, protexendo a zona de exclusión na navegación marítima. Ante as reiteradas negativas de Greenpeace para retirarse, os militares consultaron aos seus superiores novas ordes, polo que a súa actuación axustouse ao cumprimento do deber, limitándose a obedecer as ordes dadas e que foron graduadas en función das circunstancias.
 
A resolución afirma que os activistas de Greenpeace mostraron unha conduta de clara rebeldía, penetráron consciente e voluntariamente nunha zona de exclusión marítima, violentaron a decisión da Autoridade pública que prohibira legalmente a navegación nesa área e comezaron as manobras para tentar a abordaxe do buque de Repsol.
 
Os incidentes ocorreron preto das costas de Lanzarote e Fuerteventura no marco dunha protesta pacífica que activistas de Greenpeace levaron a cabo xunto a un barco perforadora contratado pola petrolífera Repsol. Dúas embarcacións da Armada Española “embestiron repetidas veces” ás barcas pneumáticas dos ecoloxistas.
 
 
VIDEO
 

 


El Ventano

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript