Número 303 - 22 de febreiro de 2016
 
 

UNIVERSIDADES. A UCM EN VENDA?

As universidades públicas camiño da privatización

“A Universidade Complutense, a maior de España con case 80.000 alumnos, abre as súas portas aos grandes investidores.” Así comezaba o programa “Hoy por Hoy”, da Cadena SER o pasado día 5 de febreiro. O programa abordaba a noticia publicada no BOUCM (Boletín Oficial da Universidade Complutense de Madrid) que recollía o acordo do Consello de Goberno do 15 de decembro de 2015 polo que se aproba o Regulamento de creación de cátedras extraordinarias e outras formas de colaboración entre a Universidade Complutense de Madrid e as empresas.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 25 realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Ao peche do Pasquín descoñecemos a orde do día que vos faremos chegar no momento en que se nos envíe. Como facemos sempre, poñémonos á vosa disposición para sinalar o que consideredes que é de interese.
 OPINIÓN - SANTOS MIGUEL
    No meu traballo "MEDO IDEOLÓXICO" (primeira parte - segunda parte - terceira parte) e a maneira de ensaio manifestaba que a dobre personalidade (Hipocrisía e Falsidade) era unha forma enfermiza de enmascarar a ideoloxía.
 LABORAL
    O comezo do ano tróuxonos a publicación dunha serie de estatísticas laborais que, en termos xerais, veñen confirmarnos as grandes tendencias que caracterizan a chamada “recuperación” económica. Continúa a caída da poboación activa nun mercado laboral cada vez máis inestable e desigual.
 PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO DA CORUÑA
    A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de A Coruña con data de 20 de xullo deste ano 2015, entregou no rexistro do Complexo Universitario da Coruña un escrito dirixido ao Xerente do complexo e ás directoras médica e de enfermaría, no que describía como tiña que ser a atención ás mulleres que teñen un aborto no 2º Trimestre da xestación, segundo os protocolos internacionais, denunciando que non se estaban a cumprir os mínimos do que marcan os protocolos, polo que instabamos ás autoridades responsables a que tomasen as medidas oportunas para garantir unha atención integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un aborto no 2º trimestre do seu embarazo.
 VERDEGAIA
    O luns 25 de xaneiro o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) en funcións outorgou á pasteira ENCE a prórroga da concesión dos terreos de Lourizán e da licencia para continuar coa súa actividade até o 2073, cando unha sentencia firme do tribunal supremo acababa de ordenar a iniciación do expediente de caducidade da concesión de Elnosa.
ESTILO PP 100%

    O Consello de Informativos de TVE difundiu un duro comunicado contra os intentos da dirección de coartar “a liberdade de expresión e a crítica” na redacción despois de que se expedientara a un compañeiro por unha “crítica lexítima” ao tratamento da información.

 REFUXIAD@S
    En centos de cidades van ter lugar mobilización dentro da campaña solidaria "Marcha Europea polos Dereitos das Persoas Refuxiadas". Como en centos de cidades europeas, na Galiza, vai ter lugar n'A Coruña, o sábado 27 de Febreiro, ás 19:30h dende a praia de Riazor até o Obelisco.
 ADEGA
    O sábado 27 de febreiro dende a Alameda de Compostela até o Obradoiro, colectivos de mariscadores/as, confrarías, ecoloxistas sairemos á rúa en defensa do noso mar e pola retirada da Lei de Acuicultura do PP.
 OPINIÓN - Olga Rodríguez
    Canto se queixou certa dereita neste país dos escraches impulsados pola xente contra determinados políticos corruptos e executores dos recortes. Esa mesma dereita é a que agora está a lanzar cacerías contra a liberdade de expresión de artistas, contra o dereito á protesta ou contra políticos que pretenden amortecer o aumento da desigualdade e a precariedade. Faio coa inestimable axuda de certo sector xudicial
    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Varias traballadoras e traballadores puxéronse en contacto con nós para interesarse pola subministración da roupa de traballo do 2016. A estas compañeiras e compañeiros xa lles contestamos pola mesma vía que nos fixeron a consulta pero conscientes da importancia que para moit@s de vós ten, e diante da falta de comunicación institucional, facémola extensiva a todos e todas.
 UNIVERSIDADE DE VIGO
    O presidente da Xunta de Persoal Funcionario da Universidade de Vigo, Xan Cebro, ven de realizar unhas declaracións públicas nas que rexeita a proposta de RPT presentada pola Reitoría porque, entre outras cousas, "supón a rescisión de máis de 50 contratos" nos tres campus o que "empeorará totalmente" a calidade e xestión dos servizos.
 ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
    A Asociación Xudicial Francisco de Vitoria (AJFV) cualifica a posta en marcha da comunicación telemática entre os profesionais e a Administración de Xustiza, vixente desde o pasado 1 de xaneiro, como “un dos máis sonoros fracasos no campo desta Administración”. Pola nosa banda Pablo Valeiras, portavoz de Alternativas na Xustiza-Cut, fai balance do primeiro mes de aplicación do programa "Papel cero" en Galicia.
 MULTITUDINARIAS MANIFESTACIÓNS EN ATENAS
    Miles de campesiños alagaron o venres e o sábado 12 e 13 de febreiro o centro de Atenas, fóra do parlamento. Os campesiños, levando a cabo unha loita de supervivencia económica por máis de 20 días e noites, bloquearon ao redor de 100 puntos das estradas nacionais. Previo chamamento de 68 asembleas de bloqueo decidiuse unha manifestación panhelénica de todos os campesiños na praza Sintagma en Atenas.
 A POLÍTICA DOS CRÉDITOS PARA ESTUDAR
    No discurso político de calquera dos líderes das autodenominadas "democracias occidentais" o tema da educación aparece invariablemente como unha ineludible “prioridade”. Para Barack Obama, por exemplo, a educación foi un dos grandes cabalos de batalla da súa estratexia de propaganda política de fronte ao electorado estadounidense.
 ECOLOXÍA
    As dez empresas máis contaminantes de España, con Endesa á cabeza, suman o 65% das emisións de CO2 de todo o país, unhas emisións que creceron polo menos un 4% o ano pasado debido principalmente ao aumento do uso do carbón na xeración de electricidade. Estes datos fan de España o país da Unión Europea que máis aumentou as emisións de dióxido de carbono, segundo un informe do Observatorio da Sustentabilidade.
 #MarcaEspaña
    Un total de 7.140 persoas foron detidas en España na pasada lexislatura (2012-2015) por delitos de corrupción, segundo datos que facilitou este xoves o ministro do Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016-. Diversas forzas políticas con representación municipal e parlamentar mostraron hoxe o seu apoio a unha moción que pretende “facer visíbel en Galiza e no mundo que somos maioría quen queremos poder exercer con total liberdade o dereito a vivirmos na nosa lingua, e que o pobo galego tamén quere que o seu goberno cumpra cos acordos tomados colectivamente e ratificados a nivel internacional como Carta Europea das Linguas”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 


     

       
        PORTAS XIRATORIAS

         
          MOITA RAZÓN

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript