Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 302 - 15/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Xornada reducida

Quédanos moito por negociar coa Xerencia. A Resolución da Dirección Xeral da Función pública que nos enviaron @s compañeir@s da administración da Xunta de Galiza na que se establece o horario especial para o entroido lémbranos que, os períodos de horario reducido son outro aspecto que deberemos abordar coa representación da universidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO 27 DE DECEMBRO DE 2012 POLA QUE SE REORDENA O RÉXIME DE XORNADA, HORARIOS DE TRABALLO, VACACIÓNS E PERMISOS DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA. Da que, no seu día, se fixo este RESUMO
 
Na Xunta de Galiza a redución de horario, a parte de épocas específicas como poden ser estas de entroido, semana santa..., contempla, no verán a xornada reducida:
 
“5.3. Xornada de verán: durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos incluídos.”
 
Na Universidade de Compostela, a parte dos peches de centro, días de asuntos particulares... o período de redución de xornada de verán e:
 
“7. 2 Xornada de verán
No período comprendido entre o 15 de xuño e o 14 de setembro”
 
Na Universidade de Vigo, cunha xornada laboral efectiva de 37 horas á semana e do peche de centros durante semana santa e nadal, ou compensación con días adicionais de permiso nos centros onde non poden pechar, a redución horaria no verán contempla, exclusivamente os meses de xullo e agosto.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript