NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
Os feitos parecen estar a confirmar estes últimos días que os prognósticos optimistas acerca de que a crise quedara como un mal recordo do pasado, teñen que ver moi pouco coa realidade. Este luns as principais Bolsas europeas foron protagonistas dun novo "luns negro", no que se produciron estrepitosas caídas bolsistas, con perdas espectaculares e alarmantes.
E é que o fino olfacto dos investidores e
especuladores empezou a otear que no horizonte
económico mundial asómase sixilosamente unha nova
fase recesiva , nesta ocasión acompañada por unha
insólita perda do valor das materias
primas e, nalgúns casos, por unha incerteza política
que está a facer tremer a mercadores.
En Europa , o terremoto nos
mercados afectou particularmente á
bolsa italiana e a española. A
primeira afundiuse un 3,21%, mentres
que a segunda descendeu ata un 2,39%. París
experimentou un descenso de 1,69% , Londres 1%,
Francfort 1,11%.
Pero o máis
significativo no curso dos dous últimos días foi que
as perdas no mercado italiano alcanzaron
o 7,75%, seguida de preto pola da
bolsa española, cun 6,77%. As de París
chegaron a un 4,84%. Francfort o 4,38%
e Londres o 4%...
No que a España se refire,
o máis relevante é que todos os grandes
valores do Ibex 35 terminaron en vermello.
Telefónica afundiuse un 5,30%; o BBVA , un 4,67% ; o
poderoso banco Santander, un 3,87 %;
Repsol, un 3,53 %…
A esta sorte de catástrofes
mercantís concatenadas, veu agregarse o retorno aos
números vermellos do Deutsche Bank, que este martes
esborrallouse ata chegar ao 10%.
Os especialistas en temas
bolsistas estiman que os movementos sísmicos nos
mercados europeos non fan máis que
indicar o fundado temor nos
inversionistas e especuladores de que nos atopamos
ante un auténtico tsunami recesivo a nivel mundial.
Uns e outros estiman que os descensos
do prezo do cru, que se cotiza ao incrible prezo de
33 $, non fan senón confirmar esta escura
expectativa.
As afirmacións, pois, de que a
crise formaba xa parte dun mal recordo do pasado
resultou ser pura filfa, confirmando a tese de
moitos especialistas en temas económicos de que a
crise non era unha expresión
conxuntural do desenvolvemento da economía
capitalista, senón que pola contra é unha
manifestación sistémica da súa evolución, cuxa
traxectoria futura caracterizarase por cada vez máis
frecuentes e dramáticos vaivéns.
Canarias Semanal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript