Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 302 - 15/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

Oferta de Emprego Público 2016

Na reunión que a Dirección Xeral da Función Pública realizou cos sindicatos o pasado día 8 de febreiro transmitiulles o proxecto de Oferta de Emprego Público (OEP) para 2016. Unha vez máis dáse a circunstancia de que xa se publicara nos medios de comunicación o día 4 deste mes. O director xeral manifestou, na presentación, que con esta oferta cumpríase a taxa de reposición establecida na Lei de Orzamentos do Estado.

 

  • Noticias relacionadas

 

A OEP é manifestamente insuficiente determinando a continuidade da perda de calidade nos servizos públicos autonómicos, a externalización de servizos e a privatización.
 
En resumo o proxecto presentado contempla un número de prazas de 332 a acceso libre e 116 a promoción interna, informa tamén, o director xeral, que, a esta oferta de emprego, acumularánselle as prazas da OPE do ano 2015.
 
Acordouse manter unha nova xuntanza, o mércores, día 10 de febreiro. Nesta nova xuntanza tratouse entre outras cousas sobre o réxime de vacacións, permisos e lizenzas.
 
Borrador de Decreto OEP presentado
 
Proxecto de Orde de vonvocatoria proceso selectivo categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral para persoas que acrediten discapacidade intelectual, 6 prazas.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript