NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
Concentramo-nos diante das portas do Palacio Municipal de Ferrol, para reclamar un Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica.
Nas comarcas do noroeste
poden-se facer moitas cousas se os gobernos e os
partidos que se sitúan na esquerda quixesen. Só
teñen que reunir-se e falar entre eles para tomar a
decisión de elaborar, de xeito participativo, un
PLAN COMARCAL DE CHOQUE CONTRA O PARO, POLO EMPREGO
E A RENDA BÁSICA. E aquí é onde andamos desde
hai case un ano que comezamos con esta demanda.
Agora temos que pechar o ciclo e conseguir que os
responsábeis municipais se poñan mans á obra. Nós
estamos para demandalo, é por iso que
confeccionamos un escrito para cada concello que
estamos entregando perante esta semana e a que ven.
Dentro desta campaña concéntramo-nos diante das
portas do Palacio Municipal de Ferrol, para
entregar o escrito correspondente a esta cidade e
dimos conta publicamente e en rolda de prensa da
iniciativa que levamos a todos os concellos das
comarcas de Ferrolterra, do Eume e de Ortegal.
Escritos aos Concellos:
Ares,
Cabanas, Capela (A), Cariño,
Cedeira, Cerdido,
Fene,
Ferrol, Mañón,
Moeche, Monfero,
Mugardos,
Narón,
Neda, Ortigueira, Pontedeume, Pontes de Garc.
Rodr. (As), San Sadurniño, Somozas (As) e
Valdoviño.
https://youtu.be/Zh14AjslrRU
A Asemblea das Marchas da Dignidade tomou decisións
para continuar marchando polo camiño da
mobilización, a concienciación e a solidariedade -
Plan Comarcal de choque contra o Paro, ... e o
Sector Naval da Ría de Ferrol.
A nova no xornal comarcal dixital Ferrol 360. | As
Marchas da Dignidade de Ferrolterra reclaman a
creación dun plan de emprego comarcal. |
Ir á Web.
---
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
|
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
|
Blogue Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/ |
Recollido de Ártabra 21
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript