NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
“Necesítase camareira para bar de pobo. Imprescindible moza traballadora responsable, guapa e un pouco puta, cun trato agradable cos clientes”. Así reza un anuncio publicado por un bar de Galicia no portal ‘Milanuncios’, que levantou a indignación na rede.
O texto do anuncio sinala:
“Necesítase camareira para bar de pobo a unha hora
de Santiago e a 15 minutos de Arzúa e Ordes.
Imprescindible moza traballadora responsable, guapa
e un pouco puta, cun trato agradable cos clientes.
Incorporación inmediata e contrato fixo, soldo de
1.500 euros. Opción de aloxamento se es de lonxe”.
Os responsables do establecemento, situado na
localidade coruñesa de Ordes, retiraron o anuncio
do portal tras recibir numerosas críticas de
internautas polo seu contido machista baixo o
hashtag #machismomata.
http://elventano.es/2016/02/un-bar-de-pueblo-necesita-una-camarera-que-sea-un-poco-puta.html
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript