NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
A idea de crear unha plataforma totalmente apartidaria na que puidese participar calquera persoa defensora do galego, á marxe da súa ideoloxía, débese a un loitador incansable e romántico, o chairego Xabier P. Docampo, cando na primavera do 2009 o novo goberno do PP da Xunta de Galicia anunciaba medidas desprotectoras para a lingua galega que ameazaban ir desmantelando o que tantos anos, e con tantas ilusións e sacrificios, custara erguer.
O 4 de abril dese ano Docampo xuntou en Compostela un grupo de doce persoas, todas elas con anos de defensa da lingua galega –e non menos románticas ca el– para lles explicar o seu soño e como procurar facelo realidade. Semanas despois, por cooptación, o grupo inicial xa o formaban case 200 persoas, que a través de Internet discutiron e aprobaron o manifesto fundacional de ProLingua, que axiña se traduciu a varias ducias de linguas estatais e minorizadas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript