Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 302 - 15/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  LEIS MORDAZA
 

A ONU xa o advertiu

Antes da aprobación das Leis Mordaza (Lei de Seguridade Cidadá, Código penal e Pacto Antiterrorista) a ONU xa advertiu que “tal e como está redactada, a lei anti-terrorista podería criminalizar condutas que non constituirían terrorismo e podería resultar entre outros en restricións desproporcionadas ao exercicio da liberdade de expresión”, segundo palabras de David Kaye, Relator especial da ONU para a promoción e protección da liberdade de opinión e expresión.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta advertencia sobre a restrición de dereitos fundamentais en España, viña do maior órgano de expertos/as independentes no sistema da ONU para os Dereitos Humanos, sistema que reúne os mecanismos de investigación e monitoreo establecidos polo Consello de Dereitos Humanos para facer fronte a situacións concretas en países ou a cuestións temáticas en todo o mundo.
 
Tamén diversas organizacións que traballan na defensa dos Dereitos Humanos, como Amnistía Internacional a través de Julia Hall, experta en antiterrorismo e dereitos humanos, uníanse á devandita preocupación, advertindo que “a definición proposta de terrorismo inclúe tantos delitos que carece practicamente de sentido (…) Parece coma se calquera cousa, desde certas formas de expresión e de asociación, puidese etiquetarse e axuizarse como terrorismo. A definición suxerida é excesivamente ampla e algúns elementos son tan vagos que mesmo un avogado experimentado tería dificultades para saber con certeza que constituiría un acto terrorista.”
 
Desde Non Somos Delito fixémonos eco destas alertas, e denunciamos incansablemente que a reforma do Pacto Antiterrorista mal chamado "Pacto Antiyihadista" (ben podería chamarse Pacto Anti-titiriteiros) non tiña como único obxectivo a loita contra o terrorismo, senón a extensión da loita contra a liberdade de expresión: legalizando a limitación de dereitos básicos da cidadanía, recortando as nosas liberdades como papel que non vale e que o Grupo de Análise de NSD sinalou nun documento detallando once puntos críticos da devandita reforma para a cidadanía. A cuestión de fondo atópase en que, aínda que a reforma di estar destinada á loita contra o terrorismo, moitas das súas previsións poden afectar a calquera. Non só porque a limitación de dereitos afecta a todo o corpo social, senón porque literalmente poden aplicarse a cada unha de nós.
 
E precisamente a iso asistimos o venres. A Audiencia Nacional, coa súa fiscalía e o seu xuíz Ismael Moreno desatendendo todas estas alertas e análises, ordenou a entrada en prisión de dous titiriteiros acusándoos dun delito de enaltecemento do terrorismo por unha sátira que relataba precisamente o que finalmente pasaría na realidade. En ningún caso, o contido da obra que facía referencia ao terrorismo constitúe un delito de enaltecemento segundo queda definido no Código penal:
 
O enaltecemento ou a xustificación públicos dos delitos comprendidos nos artigos 572 a 577 ou de quen participase na súa execución, ou a realización de actos que entrañen descrédito, menosprezo ou humillación das vítimas dos delitos terroristas ou dos seus familiares, castigarase coa pena de prisión dun a tres anos e multa de doce a dezaoito meses
 
Así o corrobora Joaquim Bosch, portavoz de Xuíces para a Democracia: "Satirizar á policía ou aos xuíces non é enaltecemento do terrorismo, é liberdade de expresión".
 
O que trataban de advertir estes dous titiriteiros na súa obra era o uso arbitrario que se está facendo da definición do delito de terrorismo para acusar a activistas debido á ampla interpretación que se pode facer deste termo na nova definición do Código penal e sinalar as consecuencias que está lei está a xerar como son as detencións policiais a activistas ou disidentes políticos.
 
Considerarase delito de terrorismo a comisión dun delito grave cando levase a cabo coa finalidade de subverter a orde constitucional, desestabilizar gravemente o funcionamento das institucións políticas ou das estruturas económicas ou sociais do Estado, alterar gravemente a paz pública, desestabilizar gravemente o funcionamento dunha organización internacional, provocar un estado de terror na poboación ou nunha parte dela.
 
Os que tampouco deberon ter en conta estas alertas, pero escriben e gritan cada día nos mass media como expertas en todo este asunto, iniciaron xa o seu particular, recorrente e incansable ataque sen cuartel cara esas dúas persoas, e por extensión, cara todas as que queremos e defendemos un país libre de mordazas para todas.
 
Pero a historia é outra.
 
Dicía o programa oficial do Concello de Madrid que este ano “O Entroido de Madrid quere, por fin, render homenaxe aos Bufóns e Bufoas (…) Seres marxinais, travestidos, refuxiados, humillados, tolos, tollidos, irreverentes e indixentes, dan nome ao innombrable e corpo ao invisible. Nesta edición do Entroido, decenas de Bufóns, cunha infinita fe no potencial da Risa, transgredirán as convencións sociais e retarán ao máximo as hipocrisías sociais.”
 
E iso fixeron os bufóns.
 
Quizais o exercicio que debe facer o Concello de Madrid sexa valorar se a obra era idónea para o público infantil e se se programou nun horario inadecuado, pero en ningún caso, presentar unha denuncia contra “aqueles que son capaces de recuperar o esperpento, a risa, a burla, a transgresión, a xustiza, o xogo, a fantasía e a alegría das nosas vidas” (tamén literal dese programa asinado polo Concello), participando así dunha inxustificada detención e entrada en prisión, preventiva e sen fianza de dúas titiriteiros aos que queren criminalizar, pero advertimos: non poderán, amordazar.
 
Sen quizais, o exercicio que debe facer o Concello de Madrid é presentar a moción de censura ás Leis Mordaza, unirse á Rede de Cidades Libres de Mordazas, participando así na defensa da liberdade e dereitos da cidadanía así como loitar activamente para a liberación dos Titiriteiros detidos.
 
Desde NSD, pedimos o compromiso e a acción de todas para lograr a liberdade sen cargos das dúas persoas detidas, a súa inmediata saída do cárcere de Soto del Real, e a derrogación sen máis dilación das Leis Mordaza: Lei de Seguridade Cidadá, a reforma do Código Civil e do Pacto Antiterrorista.

Non Somos Delito

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript