Número 302 - 15 de febreiro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Convocatoria de formación para as promocións de 2016. Consideracións

Consoante co acordado na negociación da RPT e no acordo de calendario de convocatorias de promoción interna, hai uns días a Xerencia ven de convocar a formación que permitirá levar a efecto, nas mellores condicións posibles, a promoción comprometida para o ano 2016. Nesta ocasión a formación realizarase practicamente na súa totalidade de xeito non presencial, aproveitando os medios informáticos institucionais, coa finalidade de abaratar o proceso procurando que o seu custe incida, o menos posible, na formación do colectivo.

UNIVERSIDADE

Aclaración sobre as comisións de servizos

Nestes días pasados produciuse, que saibamos, unha baixa no SIC (Servizo de Informática e Comunicacións), esta circunstancia non se comunicou ao resto de traballadores e traballadoras para proceder á súa cobertura mediante comisión de servizos.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
 UNIVERSIDADES
    O Tribunal Supremo (TS) confirmou que a Comunidad de Madrid ten unha débeda de 79 millóns de euros coa Universidade Complutense de Madrid (UCM) e condena á Administración rexional a que habilite a favor da institución universitaria a suma pendente.
 EUSKADI - Herri Administrazio
    O Executivo aproba o decreto que regula a xornada laboral para este ano dos traballadores públicos, que se reduce en 22,5 horas respecto de 2015.
 CRISE ESTAFA
    Feijoo aproveita calquera das múltiples intervencións que lle poñen en bandexa os medios de comunicación aos que subvenciona, para sinalar a boiante situación económica da comunidade e significar que a crise é algo que corresponde ao pasado.
 GALIZA UNIDA CONTRA A LGTBIFOBIA
    O sábado, día 13, concentrámonos no Obelisco para manifestar a nosa máis enérxica repulsa á agresión verbal e física sufrida por unha parella de homosexuais en Compostela e en solidariedade cos agredidos. O pasado martes, Antonio José Roldan, foi agredido nun supermercado da capital galega, as agresións continuaron, xa cara el e a súa parella, no hospital no que foi atendido. As agresións de carácter LGTBIfóbico suceden en Galiza constantemente, e debido a invisibilidade do colectivo, o medo das vítimas e o descoñecemento dos nosos dereitos, case non son denunciadas, aínda así, Galiza é a terceira comunidade con maior porcentaxe de delitos de odio cara lesbianas, gays, bisexuais e transexuais.
 LOITA FEMINISTA
    Unha vez máis tivo que activarse o protocolo establecido ao se producir un asasinato machista e o sábado, día 13 ás 20 horas concentrámonos no Obelisco na Coruña, ese mesmo día á mesma hora tamén se convocou outra concentración na Praza do Concello de Ferrol, diante do pazo municipal. Unha vez máis saimos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Ana foi asasinada polo seu ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
MARCHAS DA DIGNIDADE-FERROL

    Concentramo-nos diante das portas do Palacio Municipal de Ferrol, para reclamar un Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica.

 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
    O día 10 de febreiro un pequeno grupo de persoas acudimos á rúa Jenaro de la Fuente ante a chamada de urxencia de Eugenia. Ás 11 da mañá axentes da policía nacional petábanlle na porta para informala de que ela e o seu fillo tiñan que deixar a vivenda e entregar as chaves. Ás presas alí nos presentamos para axudalos a recoller os poucos enseres que tiñan.
 #machismomata
    “Necesítase camareira para bar de pobo. Imprescindible moza traballadora responsable, guapa e un pouco puta, cun trato agradable cos clientes”. Así reza un anuncio publicado por un bar de Galiza no portal ‘Milanuncios’, que levantou a indignación na rede.
 LEIS MORDAZA
    Antes da aprobación das Leis Mordaza (Lei de Seguridade Cidadá, Código penal e Pacto Antiterrorista) a ONU xa advertiu que “tal e como está redactada, a lei anti-terrorista podería criminalizar condutas que non constituirían terrorismo e podería resultar entre outros en restricións desproporcionadas ao exercicio da liberdade de expresión”, segundo palabras de David Kaye, Relator especial da ONU para a promoción e protección da liberdade de opinión e expresión.
    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    A APA levou á Xunta de Persoal, na reunión onde se tratou sobre a decisión unilateral da Xerencia de prórroga das comisións de servizo do persoal funcionarizado, a alternativa de denunciar xudicialmente á Universidade polos incumprimentos da normativa vixente. Unha vez denunciada entendíamos que correspondía realizar a denuncia pública da actuación institucional.
 UNIVERSIDADE
    Quédanos moito por negociar coa Xerencia. A Resolución da Dirección Xeral da Función pública que nos enviaron @s compañeir@s da administración da Xunta de Galiza na que se establece o horario especial para o entroido lémbranos que, os períodos de horario reducido son outro aspecto que deberemos abordar coa representación da universidade.
 XUNTA DE GALIZA
    Na reunión que a Dirección Xeral da Función Pública realizou cos sindicatos o pasado día 8 de febreiro transmitiulles o proxecto de Oferta de Emprego Público (OEP) para 2016. Unha vez máis dáse a circunstancia de que xa se publicara nos medios de comunicación o día 4 deste mes. O director xeral manifestou, na presentación, que con esta oferta cumpríase a taxa de reposición establecida na Lei de Orzamentos do Estado.
 CHÁMANLLE DEMOCRACIA E NON O É
    Este domingo, día 14, concentrámonos no Obelisco, en solidariedade cos casos recentes de represión aos titiriteiros en Madrid por un suposto cartel que puña "GORA ALKA-ETA", sumado ás identificacións realizadas por parte da policía a persoas que, nestes días de entroido, en Ourense e noutras partes do estado levaban disfraces aludindo á detención dos artistas e co mesmo cartel.
 ANTI-REPRESIÓN
    'A bruxa e don Cristóbal', a obra que interpretaban os titiriteros cando foron detidos, entronca coa tradición dos títeres de cachiporra e recupera a un personaxe clásico, don Cristóbal Polichinela. Fronte a el, opoñen á bruxa.
 MARCHAS DA DIGNIDADE-FERROL
    As Marchas na nosa Comarca somos unha plataforma de funcionamento horizontal e asembleario, en febreiro de 2014, desde a Columna Caranceira e máis tarde desde a Columna de Ferrolterra, tomamos unha decisión de marchar até Madrid, para manifestar-nos o 22 de Marzo, xunto a traballadoras e traballadores doutros lugares e nacións do Estado. Confluíamos en Madrid diversas columnas de traballadoras e traballadores, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika.
 A CRISE ACABARA, EH?
    Os feitos parecen estar a confirmar estes últimos días que os prognósticos optimistas acerca de que a crise quedara como un mal recordo do pasado, teñen que ver moi pouco coa realidade. Este luns as principais Bolsas europeas foron protagonistas dun novo "luns negro", no que se produciron estrepitosas caídas bolsistas, con perdas espectaculares e alarmantes.
 TERRORISMO NA MARCA ESPAÑA
    Matar (suicidar) por motivos económicos a máis de 25.000 persoas en catro anos non é delito de terrorismo -escribe Francisco González Tejera - que desafiucen a 600 familias diarias das súas casas a paus e patadas dos esbirros policiais non é delito de terrorismo (...).
 LINGUA - ProLingua
    A idea de crear unha plataforma totalmente apartidaria na que puidese participar calquera persoa defensora do galego, á marxe da súa ideoloxía, débese a un loitador incansable e romántico, o chairego Xabier P. Docampo, cando na primavera do 2009 o novo goberno do PP da Xunta de Galicia anunciaba medidas desprotectoras para a lingua galega que ameazaban ir desmantelando o que tantos anos, e con tantas ilusións e sacrificios, custara erguer.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      HEAVY METAL

       
        PASOU NO ENTROIDO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript