NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
Matar (suicidar) por motivos económicos a máis de 25.000 persoas en catro anos non é delito de terrorismo -escribe Francisco González Tejera - que desafiucen a 600 familias diarias das súas casas a paus e patadas dos esbirros policiais non é delito de terrorismo (...).
Matar (suicidar) por motivos económicos a
máis de 25.000 persoas en catro anos non é delito de
terrorismo, que desafiucen a 600 familias diarias
das súas casas a paus e patadas dos esbirros
policiais non é delito de terrorismo, que cinco
millóns de nenos e nenas estean a pasar fame non é
delito de terrorismo, que 350.000 enfermos
dependentes morresen pola retirada das axudas do
goberno en dous anos non é delito de terrorismo, que
Cospedal retirase as axudas oncolóxicas aos nenos
con cancro de Castela A Mancha non é delito de
terrorismo, que seis millóns de familias sobrevivan
sen ningún tipo de ingresos non é delito de
terrorismo, que catorce millóns de persoas sufran
exclusión social e pobreza extrema non é delito de
terrorismo, que medio Partido Popular estea imputado
por corrupción en Valencia e resto do estado non é
delito de terrorismo, que centos de miles de
españois sigan en fosas comúns asasinados polos
criminais franquistas e que os seus gobernos en
democracia “” non exhumasen os seus corpos non é
delito de terrorismo, que non existan leis adecuadas
e contundentes para previr as mortes por violencia
de xero non é delito de terrorismo, que a banca
roube con hipotecas estafa e saquee con enganos a
millóns de persoas non é delito de terrorismo, que a
Constitución Española se incumpra sistematicamente
non é delito de terrorismo, que a corrupción
política sexa xeneralizada non é delito de
terrorismo, que existan millóns de persoas comendo
en bancos de alimentos non é delito de terrorismo,
que a sanidade pública sexa privatizada e regalada a
empresas mafiosas non é delito de terrorismo, que a
Igrexa católica non pague o IBI e gaste o diñeiro do
Estado en mansións de luxo para os seus arcebispos
non é delito de terrorismo, que millóns de mozos
tivesen que abandonar o país fuxindo da miseria e o
desfalco do seu goberno non é delito de terrorismo,
que esteamos gobernados por cabróns e lerchos que se
meten en política para enriquecerse matando de fame
ao pobo non é delito de terrorismo.
Si é delito de terrorismo en España
que se represente un espectáculo de monicreques
inspirado nunha obra de Federico García Lorca,
denominada “El retablillo de Don Cristóbal”, usando
un cartel para denunciar a manipulación policial.
Canarias Semanal - FRANCISCO GONZÁLEZ TEJERA
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript