Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 302 - 15/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA FEMINISTA
 

Concentración contra o novo asasinato machista

Unha vez máis tivo que activarse o protocolo establecido ao se producir un asasinato machista e o sábado, día 13 ás 20 horas concentrámonos no Obelisco na Coruña, ese mesmo día á mesma hora tamén se convocou outra concentración na Praza do Concello de Ferrol, diante do pazo municipal. Unha vez máis saimos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Ana foi asasinada polo seu ex-compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Saimos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.
 
Parar o feminicidio implícanos á sociedade enteira e en todas as facetas da nosa vida. Temos que desmontar as imaxes e os valores nos que se sustenta a violencia contra as mulleres. Neste camiño debemos esixir máis medios nos xulgados de xénero, xuíces e xuízas, policía e garda civil con formación en igualdade, apoio psicolóxico e económico as mulleres.
 
É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.
 
Non consentiremos que a violencia machista continúe asasinándonos!!!!
 
-- "As mulleres decidimos"
 
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza
 
Contra a Violencia Machista Acción Feminista da Coruña
https://www.facebook.com/Contra-a-Violencia-Machista-Acci%C3%B3n-Feminista-da-Coru%C3%B1a-608350839252054/?fref=ts
 
Recollido de Ártabra 21
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript