Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 302 - 15/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Aclaración sobre as comisións de servizos

Nestes días pasados produciuse, que saibamos, unha baixa no SIC (Servizo de Informática e Comunicacións), esta circunstancia non se comunicou ao resto de traballadores e traballadoras para proceder á súa cobertura mediante comisión de servizos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Á vista da circunstancia sinalada fixemos unha consulta no Servizo de PAS que nos sinalou que na Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de 2014, pola que se ditan instrucións para a cobertura temporal de postos de traballo de PAS funcionario en comisións de servizos establécese:
 
“DÉCIMO.- Comisións de servizo para pastos base de todas as escalas:

Unicamente poderá nomearse en comisión de servizos para posto base, ademais do recollido nos parágrafos anteriores para cambio de quenda, a funcionarios/as entre os campus da Coruña e Ferrol.
 
O persoal interesado presentará por escrito a súa solicitude ao xerente, que resolverá sobre a súa procedencia e oportunidade. No suposto de haber varios/as candidatos/as adxudicarase atendendo aos criterios establecidos ao longo desta instrución.”

 
Enténdese, desde o Servizo, que a solicitude á que se fai referencia debe ser realizada polo/a funcionario/a interesado/a, en calquera momento, independentemente de que exista praza ou non, quedando dita solicitude, á espera de ser resolvida no momento en que se produza algunha circunstancia pola que proceda tela en consideración.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript