Febreiro de 2016
 
 

NÚMERO 302 - 15/02/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Comisións de servizo

A APA levou á Xunta de Persoal, na reunión onde se tratou sobre a decisión unilateral da Xerencia de prórroga das comisións de servizo do persoal funcionarizado, a alternativa de denunciar xudicialmente á Universidade polos incumprimentos da normativa vixente. Unha vez denunciada entendíamos que correspondía realizar a denuncia pública da actuación institucional.

 

  • Noticias relacionadas

 

Analizadas estas circunstancias na reunión da Xunta de Persoal entendeuse que a denuncia xudicial non correspondía pois a decisión do contencioso-administrativo demoraría máis aló do concurso que está previsto convocar o día 1 de outubro.
 
Adoptouse a decisión de agardar 15 días e, se o equipo de goberno non deixaba sen efecto a resolución adoptada pasariamos a realizar a denuncia pública dos incumprimentos na materia. Esta decisión transmitíuselle ao reitor na propia reunión da Xunta de Persoal na que se lle requiriu a súa presenza e na que tivo a ben participar.
 
Queremos deixar constancia de que a APA, diante dos reiterados incumprimentos da Xerencia, defende e seguirá defendendo a normativa acordada e seguirá controlando o seu cumprimento. Compre, polo tanto, que unha vez transcorrido o tempo sinalado a Xunta de Persoal, leve a efecto as medidas acordadas.
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript