NÚMERO 302 - 15/02/2016
CUTUDC / Novidades
Este domingo, día 14, concentrámonos no Obelisco, en solidariedade cos casos recentes de represión aos titiriteiros en Madrid por un suposto cartel que puña "GORA ALKA-ETA", sumado ás identificacións realizadas por parte da policía a persoas que, nestes días de entroido, en Ourense e noutras partes do estado levaban disfraces aludindo á detención dos artistas e co mesmo cartel.
O auto que
levaba a prisión aos titiriteiros enmárcase nunha
estratexia gobernamental contra a liberdade de
expresión e opinión, empregándose de reprimir,
tamén, a todo aquel que mostre a súa solidariedade
coas persoas represaliadas ou, como neste caso,
detidas.
Coa concentración quixemos facer patente a nosa
solidariedade cos membros da compañía «Títeres
desde abajo» na realización do espectáculo de
monicreques “La bruja y Don Cristobal”, facéndoa
extensivo a todas as persoas que sofren a represión
institucional por defender dereitos básicos como a
liberdade de expresión, dereito de folga, o dereito
a unha vivenda e a unha vida digna, a unha sanidade
e educación pública de calidade...
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript